A xunta de portavoces municipais do Concello estudará este martes na reunión convocada a partir das 18:00 horas, as bases e a convocatoria para a concesión de axudas económicas extraordinarias a autónomos, microempresas e pequenas e medianas empresas situadas en Porriño. Trátase de minimizar a grave situación social e económica que teñen que soportar os empresarios que resultaron afectados na súa actividade mediante o cese total ou parcial dos seus negocios polas sucesivas restricións.
O Concello do Porriño informa de que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €.
O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
A alcaldesa Eva García dirixiu esta mañá unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instándolle a considerar que a Xunta de Galicia amplie o prazo para formalizar os trámites necesarios para o "Plan de Hostalería Segura"
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade fixo hoxe unha declaración dirixida á hostalería local "para tranquilizalos" sobre a campaña informativa desenvolvida pola Policía Local para dar a coñecer as restricións requiridas e garantir o seu cumprimento por parte dos establecementos.
Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
O Concello a través das oficinas de "Porremprego" ofrece asesoramento á hostalería, autónomos e microempresas que poidan estar interesados en solicitar e acollerse á liña de axuda económica do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia.
Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra o Covid. En total 23 persoas. A relación xa se enviou ao Servizo Galego de Saúde, a través da FEGAMP que media a xestión e que notificou á Concellería de Seguridade que o persoal policial vacinarase a partir do 5 de marzo.
O novo observatorio de aves das Gándaras de Budiño xa está rematado. É o primeiro observatorio en altura establecido neste entorno natural e substitúe a un dos tres preexistentes, segundo explicou a Concellería de Infraestruturas.
A alcaldesa Eva García recibiu este mediodía á ministra de Sanidade, Carolina Darías que acudiu a visitar e coñecer de primeira man o traballo que se está a levar a cabo no Porriño para novas vacinas contra o Covid.A ministra visita as instalacións de "Biofabri", a planta da compañía farmacéutica "Grupo Zendal" que está a desenvolver en Torneiros, unha parte da nova vacina da firma norteamericana "Novavax" que en breve será a quinta en obter autorizacións da Unión Europea para a súa distribución en España e outros países membros.
A corporación municipal do Porriño celebrará esta tarde pleno ordinario. A sesión corresponde será presencial. A partir das 18.00 horas. E a porta pechada, debido aos protocolos anti-Covid.A orde do día inclúe unha ducia de puntos.Achegamos "pdf".