A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño informa que está aberto, a ta o vindeiro 23 de marzo, o prazo de solicitude para o campamento polideportivo Príncipe Felipe 2018 organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Unha Unidade da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), estará aparcada diante da Cafetería ‘Scala’, na rúa Domingo Bueno, o vindeiro mércores, día 1 de marzo, de 4 da tarde a 9 da noite, para que aquelas persoas que queiran poidan facer unha doazón.
A alcaldesa do Porriño apoia e seguirá a folga de mulleres convocada para o vindeiro día 8 de marzo e pide “o meirande apoio” porque “todas nós temos argumentos dabondo para sumarnos a ela”.
Seis vivendas máis de San Pelayo, na parroquia de Pontellas, poderán conectarse á Rede Municipal de Saneamento en apenas 15 días, prazo no que estarán rematadas as obras que a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está realizando neste lugar.
A Concellería de Medio Ambiente quere mobilizar aos veciños na loita contra a vespa velutina e xa empezou a repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atrainte deste insecto que estarán situados en todas as parroquias do Porriño.
O Goberno local do Porriño está, como fixo sempre dende que empezara a actual conflito en Maderas Iglesias, a carón das traballadoras e traballadores e todas as accións de reivindicación que emprendan para que se manteña a actividade da empresa, que é clave para un sector estratéxico, tanto en Galicia como no sur da provincia de Pontevedra e especialmente no Porriño.
O Punto SmartPeme do Porriño organiza o taller "Promociona a túa empresa con Pinterest" que será o mércores, día 21, ás 7 da tarde no sede de SmartPeme no Multicentro do Concello do Porriño, en Torneiros.
O Concello do Porriño, a través súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), e coa colaboración dos, IES Pino Manso e IES Ribeira do Louro, vai levar a cabo uns ciclos de charlas, obradoiros e cursos formativos dentro da terceira edición do Programa de Actividades de Educación en Valores “XUVENTUDE EN VALORES 2018” (educación non formal) dirixido ao redor de 1.100 alumnos da E.S.O e Ciclos de FP.
O Goberno local vén de convocar, un por un, ás veciñas e veciños do Contrasto afectados pola presenza de lindano a unha xuntanza con técnicos das consellerías de Sanidade e Medio Ambiente, no Salón de Plenos do Concello o vindeiro luns, día 19, ás 6 da tarde.
O Porriño estreará orzamentos logo de seis anos de prórrogas –hai que lembrar que o goberno do PP non foi quen de aprobalos entre 2012 e 2015 maila a ter maioría absoluta- das contas municipais tra-lo acordo acadado pola alcaldesa cos voceiros de EU-SON, Pedro Ocampo, BNG, Pedro Pereira, e a concelleira do Grupo de Non Adscritos, Sabela Landín.
SmartPeme O Porriño organiza este xoves, día 15, as 7 da tarde, no Multicentro do Concello do Porriño en Torneiros, o taller "Woocommerce I - a solución para vender por internet".
O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival de Cans, que terá lugar do 23 ao 26 de maio deste ano.