O Concello informa de que falicitará autobuses a aquelas veciñas e veciños do Porriño que queiran asistir á manifestción convocada o vindeiro sábado, día 17 de marzo en Vigo, en Defensa das Pensións Públicas, convocada pola Coordinadora pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
Benestar social, fomento do emprego, actuacións nas parroquias e humanizacións, son os eixes fundamentais do novo orzamento do Concello do Porriño, aprobado polo Pleno da Corporación logo de seis anos-dende 2012- nos que as contas municipais tiveron que ser prorrogadas, mesmo durante o mandato dun Goberno local que contaba con maioría absoluta.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño vén de informar que a Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras de "Depo Aventura A Lanzada" 2018, o programa de campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada.
Centos de persoas saíron á rúa no Porriño para dar o seu apoio á folga total e aos paros parciais convocados este xoves, día 8 de marzo, coincidindo co ‘Día Internacional da Muller’ e que levaron a manifestarse en toda Galicia a ducias de milleiros de cidadáns.
A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de acordar a suspensión da XVIII edición de ‘Merca na rúa’, que tiña prevista a súa celebración o vindeiro sábado e domingo, días 10 e 11 de marzo.
A Policía Local do Porriño segue co seu programa de ‘Educación Vial’ que imparten os seus integrantes a alumnas e alumnos de colexios e institutos e tamén de asociacións, clubs deportivos e colectivos de fora do eido lectivo.
O Pleno do Concello do Porriño, cos votos a favor dos concelleiros do PSdG-PSOE, UDDL, EU-SON e o Grupo Municipal de Non Adscritos, a abstención do representante do BNG e o voto en contra dos concelleiros do Partido Popular, deu a súa conformidade á aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantel de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.
O Pleno da Corporación do Porriño celebrará este martes unha xuntanza extraordinaria (Salón de Plenos do Concello 18:30 h.) na que se levará a cabo o debate da aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantilla de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.
A Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, chama a participar este vindeiro xoves, Día Internacional da Muller, nunha concentración na Praza de Antonio Palacios, ás 12:30 horas, coma acto de apoio á folga de mulleres convocada para ese día.
O Porriño lidera, so por detrás de Vigo,a baixada do paro en febreiro na Àrea Metropolitana viguesa. A finais do pasado mes pasado había na vila 1.666 persoas desempregadas, 168 menos que en febreiro de 2017.
O acto central da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, no Porriño non será o 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Soledad Girón sinala que ese día so haberá unha concentración, ás 12 e media, porque a intención é que “as mulleres que poidan ir á folga poidan facelo…haberá outras que non estean en condicións, ben porque os seus ingresos non lles permitan deixar de cobrar ese día ou porque teñen que atender a unha persoa dependente, de xeito que aquelas que sí podemos facer folga a faremos, tamén no seu nome”.