O cantante, ‘crooner’ e showman Tony Lomba será o encargado de dar o pregón do Entroido do Porriño o vindeiro sábado, día 10 de febreiro, á 1 da tarde na Praza do Arquitecto Antonio Palacios.
Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención, no termo municipal de Mos, de J.M.R.V. y J.L.V.M., coma presuntos autores da comisión dun delito contra o Patrimonio e a Orde Socioeconómica- roubo con forza-.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Eva García de la Torre, compañadas polo deputado responsable de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a concelleira de Emprego, Igualdade e Servizos Sociais, Soledad Girón, visitaron este xoves o punto SmartPeme do Porriño, situado no Multiusos de Torneiros.
Teatro, música, obradoiros para nenas e nenos, disfraces, máscaras, , comparsas, festa infantil ou animación na rúa, forman parte do programa do ‘Entroido 2018’ do Porriño, que empezará a celebrarse o vindeiro día 9 de febreiro, venres, co concerto do Grupo América (ás 8 e media da tarde) na Praza de Antonio Palacios.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño levará adiante entre os días 5 e 8 de febreiro - contando coa participación de 565 alumnas e alumnos de centros de educación da vila- a actividade: ‘Cinema 360º’.
Os concelleiros de Limpeza, Orlando Márquez, e de Educación, Lourdes Moure, asistiron á celebración do ‘Día Mundial da Educación Ambiental’ da man de Tropa Verde . Esta organización e o Concello de O Porriño están deseñando xornadas de charlas nas escolas da vila nas que se subliña a importancia do coidado da natureza e dos seus recursos, “facendo fincapé en que é cousa e causa de todos”.
Cincuenta e cinco veciños do Porriño visitaron este luns o estadio de Balaídos e asistiron ao partido entre o Celta e o Betis-que gañaron os celestes por 3 goles a 2-, dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste’, impulsado polo clube.
Os concelleiros de Limpeza, Orlando Márquez, e de Educación, Lourdes Moure, asistiron á celebración do ‘Día Mundial da Educación Ambiental’ da man de Tropa Verde . Esta organización e o Concello de O Porriño están deseñando xornadas de charlas nas escolas da vila nas que se subliña a importancia do coidado da natureza e dos seus recursos, “facendo fincapé en que é cousa e causa de todos”.
7.500 persoas, que encheron o aforo preparado para o acto, puideron ver este domingo no IFEVI como a rondalla de Pontellas se levaba o primeiro premio do Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
O Tribunal de Contas vén de comunicar á alcaldesa do Porriño o arquivo da denuncia polas supostas irregularidades na xestión económica financeira do Concello, remitida a este tribunal pola Fiscalía con data 24 de novembro de 2017, e que fora presentada polos concelleiros do Partido Popular na Corporación Porriñesa, Manuel Alejandro Lorenzo, Carlos Manuel Martínez, María José Martínez, Iria Lorenzo, Ramón Porto, Ana María Martínez, José Carlos González e José Manuel Estévez.
As entidades organizadoras do proxecto “Recoméndoche un libro”, entre as que figura o Festival de Cans e a Biblioteca Municipal do Porriño, coma colaboradora, convocan o III concurso “O Ollo de Vidro” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.
Coa finalidade de informar e concienciar ás veciñas e veciños do Porriño sobre a reciclaxe de residuos e aparellos electrónicos, dende o pasado martes, e durante os días 23, 24, 25, 26, 27 e 30, haberá un posto desta campaña 'O que se enchufa, recíclase' situado na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, no que se dará ás persoas que se acheguen unha breve explicación sobre qué son e onde se poden depositar estes aparellos unha vez deixen de funcionar.