“Trivium Porriño”: clasificadas as dúas primeiras parellas para a final do 2 de outubro

Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o sábado 2 de outubro

Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas que xogaron no escenario habilitado no parque do Cristo. Na quenda matinal, as gañadoras foron Paula e María. Na quenda de tarde, os gañadores foron Alejandro e David.

Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas coa participación doutras oito parellas inscritas neste certame que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

"Trivium Porriño"é  un xogo similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de "Especialistas Hípica Celta". Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo.

NOVAS / CONCELLO
Presentación Terra de Canteiras.jpg
O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"
Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.