As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca

Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da
Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación

O Porriño, 23 de marzo de 2025.- Medio cento de alumnos e alumnas dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López do Porriño, participaron este luns pola maña na celebración do Día da Árbore e o Día dos Bosques, cunha plantación de árbores na contorna da Risca, na que participou o alcalde, Alejandro Lorenzo; o concelleiro de Medio Ambiente, Carlos González, e o presidente da Comunidade de Montes Santa María de O Porriño.

De feito, a prantación fíxose en terreos comunais, no entorno da Risca. 25 “castaños Maruxa”, un tipo de clon de castiñeiro híbrido que se elexiu polo seu bo crecemento e resistencia a enfermidades.

“Hoxe falamos de futuro: o futuro da nosa vila, con estes nenos e nenas que se educan nos valores do medio ambiente, e o futuro da nosa contorna, porque deles depende seguir conservando este espazo.”, explicou Alejando Lorenzo, apuntando que “O Porriño non só e industria: tamén é cultura, é deporte e é natureza, con estes árbores que nos axudan a mellorar a calidade do aire, a producir osíxeno, a previr incendios ou inundacións ou, simplemente, se subides ata aqui, ata a Risca, a respirar”.

A Risca

Os cativos tiveron a oportunidade de prantar así árbores nun dos espazos naturais máis valiosos e especiais do Porriño, tanto polo seu interese ambiental como polo seu valor paisaxístico e social. Situada nunha contorna privilexiada, este enclave destaca pola súa riqueza ecolóxica, converténdose nun punto de referencia para a conservación da biodiversidade e para o desfrute da natureza por parte da veciñanza.

De feito dende a Comunidade de Montes explicaron á cativada a importancia de conservar esta paisaxe, este pulmón verde, este espazo que serve si, para lecer, pero tamén para coidar: fonte de osíxeno e de prevención de incendios ou inundacións. Por iso o compromiso do Goberno Municipal é, con estes actos , a protección do medio ambiente e ao mesmo tempo, inculcar na mocidade unha aprendizaxe vital para entender a importancia do desenvolvemento sostible e responsable.

A Risca constitúe un dos espazos naturais máis ricos e importantes da comarca, así como unha auténtica infraestrutura verde para o conxunto do val do Louro. A súa masa forestal desempeña unha función esencial como pulmón natural, contribuíndo á mellora da calidade do aire, á regulación da temperatura e á absorción de dióxido de carbono, factores clave nun contexto de crecente preocupación polo cambio climático.

Entornos naturais coma este favorecen a conservación da biodiversidade, servindo de hábitat para numerosas especies de flora e fauna, e actúa como corredor ecolóxico dentro do territorio. A súa presenza resulta tamén fundamental para o equilibrio hídrico da contorna, facilitando a infiltración da auga e axudando a previr a erosión do solo.

Árbores e bosques, as claves do noso futuro

O Día da Árbore é unha xornada dedicada a poñer en valor a importancia dos ecosistemas forestais para a vida no planeta; para iso marca como o seu obxectivo fomentar a plantación de árbores e sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de coidar e conservar o medio natural.

Esta celebración está estreitamente vinculada ao Día Internacional dos Bosques, promovido polas Nacións Unidas e celebrado cada 21 de marzo, co propósito de destacar o papel esencial dos bosques na loita contra o cambio climático, na protección da biodiversidade e no desenvolvemento sostible. Ambas datas comparten unha mesma finalidade: promover unha maior conciencia social sobre a importancia de preservar e xestionar de forma responsable os recursos naturais. Ambas datas constitúen unha oportunidade para reforzar valores como o respecto polo medio ambiente, a sustentabilidade e a responsabilidade colectiva. As árbores e os bosques desempeñan un papel fundamental na mellora da calidade do aire, na regulación do ciclo da auga e na conservación dos ecosistemas, contribuíndo tamén ao benestar das persoas e á calidade de vida nos núcleos urbanos e rurais.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.