O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"

Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi

O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción

O Porriño, 25 de marzo de 2026.- O IES Ribeira do Louro, en colaboración con empresas líderes do sector e o Concello do Porriño, presentou hoxe CONSTIC, unha estratexia integral deseñada para mellorar as competencias e o acceso das mulleres aos sectores da construción e as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).

Como punta de lanza desta iniciativa, presentouse o vídeo “Terra de Canteiras”. Esta peza audiovisual realiza un percorrido emocional e técnico pola vida dunha pedra: desde a súa extracción na canteira ata a súa colocación final en obra. O fío condutor son os testemuños de mulleres que ocupan postos clave en toda a cadea de valor: operarias de extracción, enxeñeiras, arquitectas e empresarias que lideran o sector desde a innovación.

Fíxose nun acto no salón de plenos do Porriño, onde estiveron presentes, ademais do equipo directivo do centro educativo porriñés, o alcalde do municipio, a concelleira de Educación ou o delegado territorial da Consellería de Educación.

"Trátase de visibilizar o talento que xa existe e de inspirar ás novas xeracións, en especial ás mulleres, para que vexan nestes sectores tradicionais, pero á súa vez cheos de innovación, unha oportunidade de futuro vinculada á tecnoloxía", explicou o alcalde neste evento que, neste mes de marzo, enmárcase nos actos en torno ao 8M. “Grazas ao proxecto CONSTIC, estamos demostrando que esa tradición non é cousa do pasado, senón un motor de futuro que debe ser innovador, tecnolóxico e, por riba de todo, igualitario”. O rexidor destacou tamén a importancia da pedra e da arquitectura no “pasado, presente e futuro do Porriño” e ensalzou o labor que se está a realizar tanto desde a formación como no ámbito da empresa privada.

No salón de plenos tamén estiveron as verdadeiras protagonistas do vídeo e do proxecto: Alba, Pili e Ari, alumnas do IES; Milagros, exalumna e primeira muller da promoción da pedra; e Eva Groba, profesora do centro, que participaron nunha mesa redonda.

Que é CONSTIC?

CONSTIC é “unha estratexia conxunta para a mellora de competencias e acceso da muller nos sectores TIC e construción”, visibilizando as grandes profesionais que xa traballan neles. Un proxecto que nace do IES Ribeira do Louro en asociación con o IES Dr. Lluís Simarro en Xàtiva, o IES Abastos en Valencia e Atin Services no Porriño; coa colaboración de importantes empresas do sector como Coperfi, Minera de Rocas, e Godoy Maceira, e do Concello do Porriño para mellorar os sistemas de formación e o acceso das mulleres na construción e TIC, co obxectivo de fomentar a súa incorporación a estas especialidades.

Este proxecto, financiado pola Unión Europea con fondos NEXT GENERATION EU, pretende mellorar os sistemas de Formación Profesional en Construción e TIC, fomentar o acceso de mulleres a estas especialidades e impulsar a innovación educativa cun enfoque de igualdade de xénero.

Os ciclos

As alumnas que aparecen no vídeo cursaron o Ciclo Medio Dual Intensivo de Pedra Natural que imparte o IES Ribeira do Louro en convenio coas empresas do clúster do Granito e con prácticas remuneradas nestas empresas do sector, nas que os alumnos e alumnas cobran xa 800€ euros mensuais.

O vídeo

Para iso, unha das súas primeiras iniciativas é o vídeo “Terra de Canteiras”, unha peza audiovisual que narra a historia dunha pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción.

O vídeo lévanos por todo o proceso: con el viaxamos a través do relato de operarias polas fases de extracción e procesamento nas canteiras e empresas do sector; con enxeñeiras e arquitectas no proceso de deseño e especificacións técnicas, e con empresarias que tamén lideran o sector. Trátase de visibilizar este talento, inspirar a economía sostible e construír un futuro con igualdade en sectores tradicionais a través da innovación e a tecnoloxía.

Ligazón do vídeo:



NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.