O Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) revalidaron hoxe o seu acordo de colaboración anual. Este convenio, que conta cunha achega de 6.000 euros por parte do Concello, centrarase no apoio económico para o transporte adaptado, co fin de facilitar aos veciños e veciñas do Porriño o acceso ás actividades organizadas nas instalacións de COGAMI no Rebullón.
A Concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, en colaboración coa OMIX do Porriño e a financiación da Consellería de Sanidade, impulsan o Programa de Prevención Selectiva do consumo de drogas no ámbito educativo. Baixo o lema `NON PASA NADA, PASA ALGO´ traballará co alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Mos e O Porriño.
De entre os máis de 8.000 trípticos selados nesta edición da ruta tapas e petiscos do Porriño, DGusta Porriño, once foron os agraciados con tarxetas regalo para gastar no comercio e na hostalería local.
Esta mañá, Ceamsa, empresa pioneira na produción de hidrocoloides con sede no Porriño, realizou unha xenerosa doazón de 100 cestas de Nadal ao programa municipal de alimentos SOS Porriño. A entrega tivo lugar nas instalacións do banco municipal e contou coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e do concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, que recibiron os lotes de alimentos da man de Jorge Trigo, responsable de Ceamsa. Pola súa banda, o Concello do Porriño suma 75 lotes máis sendo 175 familias do Porriño as que recibirán esta achega para disfrutar destas datas.
O Concello do Porriño continúa apostando de maneira firme polo fomento do deporte e o fortalecemento do tecido deportivo. En total, a administración local destina este ano 2 millóns de euros do orzamento municipal a promover a actividade deportiva, cunha énfase especial no deporte base e a organización de eventos de primeiro nivel.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, recibiron na Casa do Concello a Julia de la Cal, a destacada artesá e deseñadora porriñesa especializada en cestería, quen foi galardoada co prestixioso Premio de Artesanía de Galicia 2024. Este premio, dotado con 9.000 euros, recoñece a súa obra “PERIFERIA #01”.
Se hai unha festa que nas nosas escolas se celebra con especial cariño é, sen dúbida, o Nadal. O alumnado que cursa ensinanzas de Educación Infantil e Primaria no Porriño recibe desde hoxe a visita dos axudantes de Papá Noel. As concellerías de Educación e Cultura, xunto coa OMIX organizan estas visitas dos elfos aos centros educativos os días 16, 17 e 18 de decembro, para ir con tempo a que as cartas da cativada cheguen ao Polo Norte.
O Centro Sociocomunitario de Porriño acolleu hoxe a entrega de diplomas aos participantes do taller Cultiva a Mente, un programa impulsado polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA para promover un envellecemento activo e saudable. Este proxecto contou coa participación de 15 persoas maiores de 55 anos, quen, durante varios meses, traballaron na prevención do deterioro neurodexenerativo mediante actividades centradas na estimulación cognitiva, física, emocional e social.
¡Pasaxeiros ao tren! O Tren de Nadal xa comezou os seus percorridos levando alegría aos nenos dos coles e aos usuarios de Aceesca Asociación , Afaga Alzheimer e os centros de día.
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza co alcalde do Porriño e tamén deputado provincial, Alejandro Lorenzo, para afondar nos proxectos en marcha e en novas actuacións nas estradas provinciais ao seu paso pola vila. En concreto, na xuntanza o rexedor expuxo a necesidade de abordar obras de mellora da mobilidade peonil da estrada provincial EP-2401 O Porriño-Mosende ao seu paso polo centro de Torneiros.
O Concello do Porriño puxo en marcha un novo programa de axudas a través de incentivos á contatación temporal, co obxectivo de facilitar a inserción laboral do alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Porremprego Cualifica II”. Esta iniciativa, financiada pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e a Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade , busca fomentar a empregabilidade e ocupabilidade dos participantes no obradoiro.
A nova pista situarase nunha céntrica parcela ubicada na contorna da Avda. de Galicia Esta localización privilexiada ofrecerá un acceso cómodo para todos os usuarios, tanto da zona urbana como dos arredores, e converterase nun espazo de encontro e actividade deportiva.