Envellecemento activo e saudable

O Centro Sociocomunitario de Porriño acolleu hoxe a entrega de diplomas aos participantes do taller Cultiva a Mente, un programa impulsado polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA para promover un envellecemento activo e saudable. Este proxecto contou coa participación de 15 persoas maiores de 55 anos, quen, durante varios meses, traballaron na prevención do deterioro neurodexenerativo mediante actividades centradas na estimulación cognitiva, física, emocional e social.

O acto estivo presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Política Social, Teresa Veloso, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez,  quen felicitou aos participantes. Lorenzo destacou a importancia de iniciativas como esta, subliñando que "coidar da nosa saúde física e mental non só mellora a nosa calidade de vida, senón que tamén nos permite manternos activos e independentes durante máis tempo” e reiterou o seu “forte compromiso coas persoas maiores, intentando responder ás súas necesidades e preocupacións".

O taller Cultiva a Mente deseñouse como unha resposta integral para fomentar hábitos saudables e proporcionar ferramentas prácticas na vida cotiá dos participantes. Máis aló dos beneficios físicos e cognitivos, este programa tamén buscou fortalecer a capacidade dos asistentes para afrontar os desafíos actuais, desde o acceso á dixitalización ata o compromiso cunha vida activa e sostible.

Os participantes, que acudiron semanalmente ao centro sociocomunitario, destacaron o carácter práctico e dinámico das actividades, que lles permitiron non só adquirir coñecementos, senón tamén reforzar a súa autoestima e conexión social. Como sinalou o alcalde, esta actividade “non só lles ensina a coidar a súa mente, senón a entender que son parte activa de súa propia saúde. E é que a clave está en involucrar ás persoas maiores na construción do seu benestar, nunha contorna que respecta os seus ritmos e necesidades". 

O grupo retomará o programa á volta das vacacións de Nadal e desde o Concello anunciaron que crearán novos grupos ante a forte demanda.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria