Ceamsa doa 100 lotes de Nadal ao programa de alimentos SOS Porriño

Esta mañá, Ceamsa, empresa pioneira na produción de hidrocoloides con sede no Porriño, realizou unha xenerosa doazón de 100 cestas de Nadal ao programa municipal de alimentos SOS Porriño. A entrega tivo lugar nas instalacións do banco municipal e contou coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e do concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, que recibiron os lotes de alimentos da man de Jorge Trigo, responsable de Ceamsa. Pola súa banda, o Concello do Porriño suma 75 lotes máis sendo 175 familias do Porriño as que recibirán esta achega para disfrutar destas datas.

O alcalde Alejandro Lorenzo agradeceu profundamente este xesto solidario e destacou o compromiso de Ceamsa cos veciños e veciñas do Porriño. "Nestas datas tan sinaladas este tipo de accións teñen moito valor, xa que non só aportan recursos materiais, senón que tamén transmiten esperanza e apoio ás familias que máis o precisan. Ceamsa sempre demostrou ser un exemplo de responsabilidade social empresarial”, afirmou o rexedor.

Pola súa banda, Jorge Trigo subliñou a importancia de colaborar polo benestar das persoas do Porriño, especialmente no Nadal. "En Ceamsa cremos firmemente en devolver á sociedade que nos acolle. Estas cestas son un pequeno xesto co que desexamos axudar un pouquiño nestas datas tan especiais", sinalou.

As cestas, compostas por produtos típicos das festas do Nadal, destinaranse ás familias atendidas polo programa SOS Porriño, que presta axuda alimentaria ás persoas en situación de vulnerabilidade. O concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, tamén expresou o seu agradecemento e lembrou que "o programa SOS Porriño non sería posible sen a colaboración de entidades e empresas solidarias como Ceamsa. Estas doazóns permítennos seguir axudando a quen máis o necesita".

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria