WhatsApp-Image-2026-02-03-at-09.40.16-543x768 (1).jpg
Publicada a listaxe definitiva de participantes no Campamento de Entroido 2026
O Campamento desenvolverase do 16 ao 18 de febreiro nas instalacións municipais, co CEIP Xosé Fernández López como punto de entrega e recollida
WhatsApp-Image-2026-02-11-at-14.34.27-1024x768.jpg
O Concello do Porriño fai balance da seguridade en 2025 e reforza a coordinación na loita contra a violencia de xénero
O sistema VioGén mantén 60 casos activos no partido xudicial do Porriño. A Garda Civil rexistrou 782 infraccións penais en 2025, con máis de 300 feitos esclarecidos e un aumento das actuacións en materia de drogas. A Policía Local realizou 50 detencións o ano pasado e reforzou a actuación en delitos xudiciais, seguridade viaria e violencia de xénero
WhatsApp-Image-2026-02-10-at-20.01.39-981x768.jpg
O Concello do Porriño presenta o Entroido 2026 cun programa que lembra a Cuquín
Cinco días de celebracións encherán as rúas da vila de música, tradición e participación, cunha homenaxe especial a Joaquín Diz “Cuquín” como fío condutor desta edición. O pregón, o Xogo da Ola, verbena coa Orquestra Olympus, o Enterro da Sardiña e os desfiles de comparsas, con máis de 2.000 participantes e case 30.000 euros en premios, marcarán a programación
WhatsApp-Image-2026-02-09-at-15.07.25-1024x661.jpg
O Pleno municipal aproba a licitación da obra de rexeneración urbana de Torneiros
A actuación, cun investimento de 2,7 millóns de euros cofinanciado ao abeiro do Plan Extra e fondos europeos, permitirá transformar de maneira integral a parroquia. Os traballos iniciaranse neste primeiro semestre deste ano
WhatsApp-Image-2026-02-06-at-15.24.50-836x768.jpg
O Concello do Porriño recibe ás irmás Sabela e Ainara Gándara, campioas galegas de Marcha en Ruta
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu esta semana na Casa Consistorial ás deportistas Sabela Gándara Iglesias e Ainara Gándara Iglesias, proclamadas recentemente campioas galegas de Marcha en Ruta nas súas respectivas categorías durante o Campionato Galego celebrado en Marín
WhatsApp-Image-2026-02-06-at-14.47.29-944x768.jpg
Aposta sen precedentes no Porriño: 285.000 euros de investimento en axudas para as comunidades de augas
O Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra suman esforzos para impulsar o maior apoio económico da historia ás comunidades de augas do municipio, clave para garantir o abastecemento e o saneamento no rural
WhatsApp-Image-2026-02-06-at-11.36.05-2-456x768.jpg
Novas axudas para investir en maquinaria e equipamento en pequenas empresas
Estas subvencións, ao abeiro da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, permitirán modernizar e diversificar os distintos negocios  Os proxectos deberán contar cun orzamento mínimo de 20.000 euros e máximo de 300.000 euros
XANTAR-DE-ENTROIDO-2026-543x768.png
O Concello do Porriño organiza un Xantar de Entroido para maiores de 60 anos
Inscrición gratuíta do 9 ao 12 de febreiro, prazas por orde de rexistro
PREMIOS-CARTEIS-ENTROIDO-1024x768.jpg
Entrega dos premios do Concurso Escolar de Carteis do Entroido 2026 do Porriño
Javier Fernández Alonso recibe o premio absoluto e participará no pregón da festa co seu cartel, no que debuxa a cara de Cuquín
WhatsApp-Image-2026-02-04-at-13.32.54-543x768.jpg
O Porriño forma á cidadanía para estar preparada ante calquera emerxencia
As Charlas de Primeiros Auxilios son de balde para toda a veciñanza e asociacións participantes. As primeiras sesións celebraranse o 10 de febreiro no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o 26 de febreiro no Centro Cultural de Atios, en horario de 17:00 a 18:30 horas
WhatsApp-Image-2026-02-04-at-09.40.31-2-1024x768.jpg
O Porriño reforza a colaboración educativa nun novo Almorzo Pedagóxico
O Concello do Porriño celebrou un novo encontro dos Almorzos Pedagóxicos, unha iniciativa que consolida o traballo conxunto entre a administración local e os equipos directivos dos centros educativos do municipio
WhatsApp-Image-2026-02-03-at-13.43.02-1024x682.jpg
O presidente da Xunta visita os traballos de recuperación das Gándaras de Budiño con motivo do Día Mundial dos Humidais
O proxecto conta cun investimento de 1,53 millóns de euros, cofinanciado cos fondos Next Generation UE e FEDER, para restaurar os humedais e poñer en valor a biodiversidade local.