O presidente da Xunta visita os traballos de recuperación das Gándaras de Budiño con motivo do Día Mundial dos Humidais

O proxecto conta cun investimento de 1,53 millóns de euros, cofinanciado cos fondos Next Generation UE e FEDER, para restaurar os humedais e poñer en valor a biodiversidade local.

O Porriño, 3 de febreiro de 2026.- O Concello do Porriño recibiu hoxe a visita institucional do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, co motivo do Día Mundial dos Humidais. Trátase dun proxecto estratéxico para a conservación dos humedais e da biodiversidade, cun investimento de 1,53 millóns de euros, cofinanciado polos fondos Next Generation UE e FEDER.


A visita comezou cun percorrido a pé polo centro do humidal, incluíndo a lagoa principal, cuxo obxectivo é duplicar a súa superficie de 6.000 m², actualmente en proceso de recuperación desde os traballos iniciados en agosto. Continuou coa inspección do Centro de Interpretación, do miradoiro de aves e doutros elementos mellorados. Durante o percorrido, Tomás José Fernández-Couto, subdirector xeral de Espazos Naturais, explicou as actuacións levadas a cabo pola Xunta: instalación dun sistema de filtrado das augas, acondicionamento do observatorio de aves, mellora do Centro de Interpretación, eliminación de especies alóctonas e mellora de accesos.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliñou a importancia do proxecto: "Esta intervención permite recuperar un espazo natural único e devolvelo á cidadanía en mellores condicións ambientais. É un claro exemplo de colaboración entre administracións que dá resultados reais na protección do medio natural e na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do Porriño. Ademais, garantimos a conservación dos humedais e reforzamos a protección do sapoconcho europeo, consolidando as Gándaras de Budiño como un enclave de referencia na conservación da biodiversidade".


Pola súa banda, o presidente, Alfonso Rueda, destacou: "Esta actuación nas Gándaras de Budiño é un exemplo de que é posible compatibilizar o desenvolvemento industrial coa conservación da natureza e de que non hai que renunciar a ningunha das dúas cousas. O Porriño é un dos concellos máis industriais de Galicia, pero isto é a demostración de que é posible ter aquí industrias, naves, economía e un espazo tan bonito como este. É posible vivir no territorio, vivir na economía e coidar o territorio”.


Rueda salientou tamén a importancia deste tipo de proxectos para conservar e poñer en valor unha parte esencial do patrimonio natural de Galicia e recordou que, aínda que Galicia é un territorio con abundante auga, "hai que saber regulala, aproveitala e conservala".


Un proxecto integral de restauración ecolóxica

O proxecto, denominado “Recuperación do hábitat asociado a Emys orbicularis a través da restauración dos humedais da ZEC Gándaras de Budiño”, ten como obxectivo principal mellorar e conservar o hábitat do sapoconcho europeo, réptil en maior perigo de extinción en Galicia, e restaurar o equilibrio ecolóxico dos humedais.


As actuacións desenvólvense nunha superficie de 376,86 hectáreas no termo municipal do Porriño, incluíndo tamén a lagoa de Campa do Rei e camiños na marxe do río Louro. Ademais da duplicación da lagoa principal, as accións inclúen recuperación de ecosistemas húmidos de alto valor ambiental, mellora do leito das lagoas, eliminación de especies alóctonas, acondicionamento de sendas e accesos, reparación do observatorio de aves e do Centro de Interpretación, así como instalación de sistemas de filtrado e mantemento de infraestruturas.

As Gándaras de Budiño, declaradas Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) en 2004 e Zona de Especial Conservación (ZEC) en 2014, consolidan o seu valor como un dos enclaves máis importantes de Galicia para a conservación de humedais e especies ameazadas. Con esta actuación, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa protección da biodiversidade, a restauración ecolóxica e a posta en valor do patrimonio natural local.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.