Aposta sen precedentes no Porriño: 285.000 euros de investimento en axudas para as comunidades de augas

O Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra suman esforzos para impulsar o maior apoio económico da historia ás comunidades de augas do municipio, clave para garantir o abastecemento e o saneamento no rural

O Porriño, 7 de febreiro de 2026.- A auga é un dos bens máis prezados e garantir o seu acceso en condicións de calidade e seguridade é unha prioridade para o Concello do Porriño. Nesa liña, o municipio vén de impulsar, xunto coa Deputación de Pontevedra, unha aposta sen precedentes polo apoio ás comunidades de augas, cun investimento conxunto que acada os 284.509,76 euros, o maior realizado ata o de agora neste ámbito.

Este compromiso institucional quedou reflectido na visita realizada ás instalacións da Comunidade de Usuarios de Casal-Chan-Orbenlle, en Budiño, na que participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e outros representantes do Concello do Porriño xunto co deputado provincial Javier Tourís. Durante a visita puideron comprobar de primeira man os traballos que se están a desenvolver gracias ao financiamento provincial, como a substitución e mellora da rede de abastecemento no lugar da Chan.

A Deputación de Pontevedra apoia 11 comunidades de augas do Porriño a través do plan +Aqua, cunha achega de 109.509,76 euros. Estas axudas permiten levar a cabo actuacións fundamentais como a mellora de infraestruturas, o cambio de tubaxes, a instalación de sistemas de control e protección en depósitos, interconexións entre redes de distribución, colocación de contadores, impermeabilización de depósitos ou a substitución de tramos da rede.

A esta achega súmase o esforzo histórico do Concello do Porriño, que destina arredor de 175.000 euros en subvencións directas a 22 comunidades de augas do municipio. Trátase do maior investimento municipal realizado ata o momento neste eido e dun respaldo sen precedentes ao labor destas entidades, fundamentais para o día a día das parroquias.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou: "As comunidades de augas son fundamentais para garantir o acceso á auga e ao saneamento en moitas zonas do noso municipio. Queremos recoñecer o enorme traballo que realizan as persoas que forman parte destas comunidades, sen cuxa dedicación todo isto non sería posible."

Engadiu tamén: "O apoio económico das administracións, tanto do Concello como da Deputación, é decisivo para que estas actuacións sexan posibles. Gracias ao plan +Aqua e ás subvencións municipais, máis de 30 comunidades de usuarios recibirán axudas que permitirán mellorar infraestruturas, modernizar redes e garantir que todas as parroquias teñan acceso a un servizo esencial como é a auga."

Desde o Concello do Porriño sublíñase que apoiar ás comunidades de augas é apostar polo rural, polos servizos públicos de calidade e polo futuro do municipio, reforzando unha xestión próxima, eficiente e sostible dun recurso esencial como é a auga.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.