A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
A alcaldesa Eva García recibiu hoxe ós presidentes e directivos dos doce clubs da vila que se benefician de contratos de patrocinio do Concello do Porriño. Os convenios xa corresponden ó exercicio de 2020.
Cami Moreira, concelleira de Cultura asistirá hoxe en Compostela a unha reunión convocada polo titular da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que chamou a representates de todos os concellos vencellados co Camiño de Santiago.
David Alonso, concelleiro de Deportes e directivos do Club de Atletismo Porriño presentaron a segunda edición da “Porriño 10k”, carreira pedestre que pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.
O Concello ofreceu unha recepción ós ciclistas porriñeses que acadaron títulos e unha sobranceira participación no recente Campeonato de España de Ciclocross celebrado hai dúas semanas en Pontevedra.
O Concello do Porriño ven de acometer diversas melloras na parroquia de Atios en viais e saneamento que se executan con medios propios e baixo a dirección da concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure.
As Festas de San Blas, no Torreiro da Forna, en Budiño que empezan este venres 31, celebraranse por primeira vez cos baños da Casa Cultural conectados á rede de saneamento.
Na sesión ordinaria de xaneiro que se celebrou este mércores, o pleno acordou por unanimidade a cesión dunha parcela a asociación ACEESCA para a construcción dun centro de formación dual.
Na sesión ordinaria de xaneiro debatiuse e aprobouse por maioria (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) que o Concello de O Porriño apoie institucionalmente a manifestación en defensa da sanidade pública de Galicia prevista o vindeiro 9 de febrero en Santiago.O acordo adoptouse por partida dobre xa que houbo dúas mocións con esa demanda que presentaron os grupos EU Son e BNG. En ambos casos o PP votou en contra.
A Concellería de Servizos Sociais anuncia a posta en marcha do programa de emprego “Porriño Accede” dirixido a veciños e veciñas do concello en situación de desemprego.
O Goberno Municipal de O Porriño decidiu presentar hoxe, no último día do prazo, unha alegación contra a modificación do PXOM de Mos que pretende posibilitar o proxecto de cidade deportiva do R.C. Celta de Vigo en Tameiga. A alegación motívase en base “ós graves perxuizos que poden ocasionarse a este concello no abastecemento de auga”.
O Concello do Porriño convoca a primeira edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febrero ás 20 horas.