O Concello do Porriño alega contra o proxecto da cidade deportiva do Celta en Mos polo impacto que vai causar no suministro de auga

O Goberno Municipal de O Porriño decidiu presentar hoxe, no último día do prazo, unha alegación contra a modificación do PXOM de Mos que pretende posibilitar o proxecto de cidade deportiva do R.C. Celta de Vigo en Tameiga. A alegación motívase en base “ós graves perxuizos que poden ocasionarse a este concello no abastecemento de auga”.

Argumentase que o proxecto de modificación do PXOM de Mos “conten inexactitudes e previsións que lesionan gravemente os intereses do Porriño” segundo a alcaldesa Eva García que firma a alegación no nome do Concello.

O Concello de Mos realiza unha previsión de caudal no que atinxe ó suministro de auga, contando cos aportes da ETAP de Os Valos (xestionada polo Consorcio de Augas do Louro) e cos aportes dos depósitos de San Antoniño, Veigadaña e Castro-Sanguiñeda, todes eles abastecidos polo encoro de Eiras.

Ó respecto alega Porriño que “a ETAP de Os Valos fora construída nos terrenos previamente adquiridos polo Concello porriñés” e que a captación de auga do embalse de Eiras por Porriño data dos anos 60 por autorización do Ministerio Obras Públicas, que logo asumiu a Xunta a través de Augas de Galicia”. “De feito é Porriño que ten o dereito de captar esa auga que facilita a Mos para o seu uso doméstico e no caso do polígono da Veigadaña para o seu uso industrial, non estando previsto nin aumentar o caudal suministrado nin outros usos”, argumenta a alegación de Porriño.

“Deberá terse en conta que Porriño segue a medrar en poboación cuns polígonos industriais de máxima actividade, de xeito que precisa o caudal que ten asignado”.A alegación de Porriño acusa a Mos de “obviar totalmente a realidade, pretendendo apropiarse dun dereito sobre unhas instalacións que de xeito algún ten aseguradas e que non lle son propias. O feito de que na actualidade as competencias de xestión de abastecemento e saneamento derivaranse ó Consorcio de Augas do Louro non supón que este ente público sexa propietario de ningunha das instalacións titularidade de cada Concello”.

Por último, a alegación de Porriño subliña o feito de que “as captacións que se dicen do Eiras, sonlle de Porriño, ben polo depósito sito na Risca que capta do encoro de Eiras para o seu uso no termo municipal e do que deriva caudal para Mos e outros concellos; ben desde a ETAP de Os Valos que insistimos, construíse nuns terrenos previamente adquiridos polo Concello de O Porriño, para uso de Porriño e desde onde tamén abastecese a Mos e outros concellos, a través da facultade que Porriño ten directamente atribuída”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos