O Concello pon en marcha o programa de emprego "Porriño Accede"

A Concellería de Servizos Sociais anuncia a posta en marcha do programa de emprego “Porriño Accede” dirixido a veciños e veciñas do concello en situación de desemprego.

Tratase por cuarto ano consecutivo de de mellorar as posibilidades de atopar traballo mediante accións formativas deseñadas en colaboración con empresas radicadas no Porriño que incorporan prácticas non laborais.“A nosa pretensión é mellorar as competencias profesionais e contribuir á inserción no mercado laboral das persoas que participan en ‘Porrino Accede’”, manifestou David Alonso, concelleiro de Emprego.

Deste xeito abrese un proceso de inscripcións para participar nun primeiro curso de formación de operarios de loxística e almacenaxe que se realizará ó longo do mes de febreiro no Multiusos de Torneiros.As inscricións poderán realizarse no mesmo Multiusos de Torneiros ou chamanado ó número 986 338217 ou enviando un e mail ó enderezo electrónico formacion@porremprego.org

A previsión é que unhas 40 persoas que participen nos cursos de “Porriño Accede” fagan formación nas empresas e que aproximadamente o 60% delas acaden un contrato despois do período de prácticas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos