logo-biblioteca-web-ecultura.png
A Biblioteca Municipal aínda non abre
A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada. "Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19", segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.
escuela-municipal-de-musica-de-porriño.jpg
Vídeo: O Coro de Nenos da Escola Municipal do Porriño
A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación "on line" do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
Policia-Local-de-Porriño-cartel.jpg
Axentes da Policía Local reanimaron a unha nena de 2 anos que estaba atragoada, en parada cardiorrespiratoria
Dous axentes da Policía Local do Porriño acadaron reanimar con éxito a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os feitos ocorreron onte sábado, ás 19,40 horas. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia. Cando chegaron os efectivos sanitarias, a nena xa estaba reanimada. Non obstante foi trasladada ata o Centro de Saúde do Porriño para a súa valoración. Tanto dende a Alcaldía coma pola Concellería de Seguridade valorase moi positivamente a actuación dos axentes que ven a revalorizar a importancia da formación continua pola que aposta o goberno municipal porriñés. Toda a plantilla da Policía Local recibiu e completou en 2019 un curso de reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibriladores (DESA) para poder atender emerxencias como a ocorrida onte. Ao mesmo tempo todos os vehículos de patrulla están equipados cun “DESA” que se engade ó restante material que levan para atender emerxencias.De feito xa en novembro pasado, a dotación dun coche patrulla da Policía Local do Porriño atendeu a un condutor en parada cardiorrespiratoria que sufriu un accidente na rotonda do Cristo de Belén, acadando a súa estabilización ata que chegou a ambulancia do 061.
carvalho-calero-día-das-letras-2020.jpg
A Biblioteca Municipal publicará 7 posts adicados a Ricardo Carvalho Calero coa ocasión do Día das Letras Galegas
A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.
B46B2361.jpg
Realizase o lixado e arranxo da pista 1 do Polideportivo aproveitando a suspensión das competicións polo estado de alarma
O Concello de Porriño comezou as obras de lixado para o arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal. Os traballos iniciáronse aproveitando o cambio de fase no Plan de Desescalada e a suspensión das competicións deportivas do “Balonmán Porriño” e todos os demais clubs que empregan esta cancha para adestramentos e partidos.
O-Porriño-Deporte_Atletismo-Porriño.jpg
Vídeo 10 #Porriñodeportenacasa Dani Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño, pecha este ciclo cunha rutina de exercicios para a mobilidade articular
Décima e derradeira quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa. O encargado de pechar este ciclo é Dani Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño. Amósanos unha rutina de exercicios para a mobilidade articular. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes desarrollou dende o 17 de abril, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa inestimable participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecéronse diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades. Todos eles pódense consultar nas redes sociais do Concello.Nas nove entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín, Pablo Alonso, colaborador do Porriño Baloncesto Base, Pablo Sanromán e Adrián Sanmarcial, do Porriño Industrial e, finalmente, Iker Besada, do Porriño Baloncesto Base, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico.
rB46B2005.jpg
Máis da metade dos porriñeses xa non teñen restricións por franxas horarias para moverse nas súas parroquias
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) fixo chegar ao Concello do Porriño a orde da Xunta de Galicia que comunica a eliminación das restricións horarias para as saídas, en núcleos separados de menos de 5.000 veciños. A medida que está vixente dende hoxe, permite que algo máis da metade dos porriñeses, ó redor de 11.500 habitantes que viven en sete parroquias xa non teñan restricións por franxas horarias. A liberdade horaria de mobilidade é, de momento, tan só utilizable no ámbito da respectiva parroquia de cada veciño. A medida tomada pola Xunta de Galicia e comunicada pola FEGAMP ao Concello, posibilita, polo tanto, que os veciños de TORNEIROS (3976 hbts.); ATIOS (2299); BUDIÑO (1989); PONTELLAS (1396); MOSENDE (831); CHENLO (513) e CANS (439) non teñan restricións por franxas horarias nin idades para saír.En cambio, en SANTA MARÍA DO PORRIÑO (o centro urbano) NON É DE APLICACIÓN, dado que o núcleo ten unha poboación de máis de 9.000 persoas.
Triatlon-Porriño-imagen-archivo-dejan-bicis.jpg
O "VII Triatlón Concello do Porriño" cancelase ata 2021 e os cartos serán redirixidos para axuda á economia local
A Concellería de Deportes anunciou hoxe que a sétima edición do Triatlón Concello do Porriño queda cancelada. Esta proba que ten un especial recoñecemento entre os triatletas de Galicia e Portugal reunindo a máis de 200 participantes como acontecera en 2019, ía celebrarse o sábado 20 de xuño.
Q55A1531.jpg
A Concellería de Tráfico pide aos porriñeses que respecten as normas para circular polas beirarrúas
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Tráfico, fai un chamamento aos porriñeses para que observen o xeito de circulación peonil polas beirarrúas para cumprir coas normas de distancia social e seguridade que impón o actual estado de alarma. É dicir: que circulen polas beirarrúas pola man dereita, segundo o sentido da marcha, evitando cruzarse.
Q55A5242.jpg
A Concellería de Deportes lembra a necesidade de cumprir coas normas de uso dos circuítos habilitados no paseo do río Louro
A Concellería de Deportes anuncia que ven de solicitar á Policía Local do Porriño que faga rondas de vixilancia nos circuítos habilitados no paseo do Río Louro para correr e camiñar ante as denuncias de certos comportamentos que infrinxen as normas establecidas e poñen en perigo aos restantes usuarios.
rB46B2005.jpg
O Concello coas bandeiras a media asta polo loito oficial en memoria das vítimas do "Covid-19"
Na seguinte galería de hoxe pódese ver o edificio consistorial coas bandeiras a media asta polo loito oficial decretado en Galicia pola Xunta en memoria das vítimas do "Covid-19".Tamén aprécianse diversas imaxes urbanas entre as que destacan alguns establecementos comerciais abertos e outros que aínda permanecen pechados agardando polas seguintes fases da desescalada.
Q55A5053.jpg
Segue a distribución dos "routers" e tarxetas de internet nos centros docentes para reducir a fenda dixital entre o alumnado
Hoxe realizouse en catro centros docentes do municipio. As imaxes corresponden á entrega realizada a pais e nais de alumnos do CEIP Antonio Palacios, en Torneiros. Alí correspondían 38 "routers" e outras tantas tarxetas de conexión a Internet de 60 GB.