A primeira sesión plenaria telemática celebrada pola Corporación Municipal do Porriño acordou unha modificación orzamentaria que habilitará dispoñer de 100.00 euros que se destinarán a apoiar o reinicio da economía local. A proposta do equipo de goberno contou cos votos favorables dos concelleiros do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP optou pola abstención.
As bandeiras da casa consistorial do Concello do Porriño ondean a media hasta como sinal de loito oficial que decretouse en todo o país polo Goberno Central en homenaxe ás vítimas da pandemia. Este loito oficial durará dez días segundo decretou o presidente do Goberno. Por outra banda, a alcaldesa do Porriño, Eva Garcia convocou hoxe mércores, ás 12 horas, una concentración silenciosa diante da casa consistorial, na que estarán os membros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da corporación así como cantos veciños e veciñas do Porriño queiran sumarse a amosar a súa condolencia coas vítimas e os seus familiares.
Ata o vindeiro luns 1 de xuño estará exposto o censo electoral para consulta e reclamacións se procede coa ocasión dos vindeiros comicios autonómicos convocados para o domingo 12 de xullo.
Membros do goberno municipal e dos grupos políticos da corporación, encabezados pola alcaldesa e voceiros municipais participaron este mediodía na concentración en sinal de loito oficial polas vítimas da Covid-19.
O Centro Rexional da Universidade a Distancia de Pontevedra confirmou hoxe á alcaldesa Eva Garcia, a concesión ao Porriño dun aula delegada da UNED. A comunicación ratifica a concesión que xa databa de 2018 e elimina as dúbidas que xurdiron debido a un cambio de persoas ao fronte dese Centro Rexional da UNED. Eva Garcia manifestou a súa “ledicia por esta boa nova que en realidade xa o era antes `pero que agora confirmase plenamente e sen xénero de dúbidas”. A alcaldesa lembrou que “deste xeito dáse cumprimento ao acordo plenario acadado por unanimidade pola Corporación Local en maio de 2018” cando Porriño solicitou a concesión desa aula da UNED.A instalación da aula xa está decidida. Será no local adquirido polo Concello, en escritura do 16 de abril do ano pasado, cunha superficie de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2, por un prezo de 276.342 euros.O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesourería despois de vender varias parcelas municipais. A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades educativas. A elección do local en rúa Fernández López responde a súa ubicación ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca.As obras de axeitado do local para acoller as actividades educativas deberán acadar unha dotación económica no Orzamento Municipal deste ano, cunha previsión de gasto de 200.000 € aproximadamente.Conforme ás xestións realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.
Dende o vindeiro luns 25 de Maio volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos que integran o Consorcio de Augas do Louro: O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Mos.Lembramos que no Porriño, as oficinas de atención ao público do Consorcio, ubícanse na rúa Ramón Gónzalez, nº 44, 2º B.Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición do usuario xel hidroalcohólico para a desinfección das súas mans, lembrando ademáis a obrigatoriedade do uso da máscara de protección para o acceso.
O Boletín Oficial do Estado publica este venres a orde ministerial pola que as saídas para paseos e deportes non teñen que realizarse dentro dunhas franxas horarias concretas naqueles concellos ou núcleos de poboación que non superen os 10.000 habitantes. Esta dispensa da que viñan beneficiándose os veciños de Torneiros, Atios, Pontellas, Mosende, Budiño, Chenlo, Cans e Carracido (dende o pasado 8 de maio), beneficia agora tamén ao centro da vila que ten unha poboación de 9.075 habitantes.
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para as escolas infantís públicas do Porriño, adscritas á rede "Galiña Azul" da Xunta de Galicia, está aberto dende o pasado sábado 16 de maio e finalizará o ventes 29 de maio.
A Alcaldía do Porriño informa que ante as peticións nas redes sociais do Concello de veciños e veciñas que aínda non recibiron máscaras de protección, poden acudir a partires de mañá venres 22 á sede da Policía Local para recollelas. En horario matinal. Entregaranse un máximo de 4 por familia. Tratase do derradeiro lote de 3.000 máscaras de protección, de tela, que restan da partida de 23.000 que 29 mulleres de Porriño confeccionaron de xeito altruísta grazas ás doazóns de material realizadas ao Concello por particulares e empresas. Dado que a plena mobilidade no Porriño xa está restaurada e os repartos de máscaras polos voluntarios nas parroquias xa remataron, optase por esta solución para poder atender a aqueles que quedaron sen elas.
Un decreto da Alcaldía do Porriño establecerá, a partir do vindeiro venres 22, un peche ao tráfico rodado, por tramos horarios, da rúa Pío XII para fomentar a mobilidade peonil e ao tempo, a reactivación económicos de sectores coma hostalaría e comercio de proximidade.