Segue a distribución dos "routers" e tarxetas de internet nos centros docentes para reducir a fenda dixital entre o alumnado

Hoxe realizouse en catro centros docentes do municipio. As imaxes corresponden á entrega realizada a pais e nais de alumnos do CEIP Antonio Palacios, en Torneiros. Alí correspondían 38 "routers" e outras tantas tarxetas de conexión a Internet de 60 GB.

Tamén distribuíronse no CEIP da Ribeira (30 routers e tarxetas); no CPR Santo Tomas (11) e o IES Ribeira do Louro (60).

Onte foi a quenda do CEIP Fernández López (42); "Hermanos Quiroga" (8); CEIP Atios (23) e Cruz Budiño (15).

Mañá xoves rematará o reparto cos pais e nais de 15 alumnos do IES Pino Manso tamén recibirán este apoio telemático.

A operativa é apoiada por voluntarios de Protección Civil do Concello do Porriño para "garantir que se mantiveran as distancias de seguridade e as medidas de hixiene precisas", segundo explicou a concelleira de Educación, Lourdes Moure.

A concelleira aproveitou para reivindicar neste eido que "Porriño está a marcar tendencia na contorna. Antes outros concellos veciños estaban a facer e repartir fotocopias e agora imítannos. Semella que Porriño marcou un antes e un despois con esta solución de compra e reparto destes aparellos co propósito de reducir a fenda dixital entre o alumnado dos centros docentes do Porriño", segundo indicou.

As tarxetas só terán vixencia durante tres meses. Os routers deberán ser devoltos ao Concello onde permanecerán en depósito en previsión de que por un rebrote fose necesario un novo préstamo ou que finalmente cheguen a cumprirse as previsións de que o vindeiro curso comezará en setembro coa posibilidade de que a metade do alumnado estea presencialmente en clase e a outra metade dende os seus domicilios.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos