O Concello do Porriño contará durante un ano con catro traballadores máis no seu cadro de persoal que reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral. Todos/as eles/as son mozos/as que terminaron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.
Os amantes do canto coral teñen unha cita este domingo no Porriño. A Avenida de Galicia acollerá, a partir das 20 h, o concerto no que participarán tres agrupacións porriñesas: a Coral da Asociación Veciñal Agarimo de Torneiros, a Coral Os Penediños de Atios e a Coral Polifónica San Blas de Budiño.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias, e a presidenta de Acipor, Juana Pérez, acompañados polo director de ABANCA no Porriño, Jorge Luis García, presentaron hoxe a campaña “Días azuis do comercio galego”.
Esta tarde celebramos a gran Festa de Fin de Curso Escolar no Porriño! A partir das 17 h instalarase un tobogán de auga na rúa Antonio Palacios (dende a de Fran ata o Concello)Ás 20 h no parque do Cristo comezará a Festa da Escuma e a música soará para dar a benvida ás vacacións de verán. Os nenos e nenas que queiran participar tan só terán que traer bañador, toalla e ganas de pasalo ben!
A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2022/2023. Poderase solicitar praza entre o 1 de xullo e o 19 de xullo.
O Porriño volve transformarse en sede dos xogos olímpicos que reúnen ás principais civilizacións. Galos, castrexos, exipcios, romanos e gregos loitarán esta fin de semana impoñerse nos VI XOGOS OLÍMPICOS DO PORRIÑO. PORRIGALIA 22.
A concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas, xa abriu o prazo para inscribirse nas “Xornadas de técnicas de procura de emprego” que se celebrarán os vindeiros 27 e 29 de xuño nas instalacións de Porremprego.
Coincidindo co Día Mundial da ELA, que se celebra cada 21 de xuño, o porriñés José Manuel Domínguez “Tonono Bike” deu hoxe a primeira pedalada do seu reto persoal e social: 6000 km pola ELA.
O Concello do Porriño reforzará o seu cadro de persoal con 11 novos traballadores e traballadoras que desenvolverán as súas tarefas en diferentes áreas municipais.
Esta semana chegan as vacacións escolares e o Concello do Porriño quere celebralo cunha festa do máis divertido da que poderán disfrutar todos os nenos e nenas do Porriño.