Obradoiro de emprego "Porriño Labora"

A Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello do Porriño vai a desenvolver o Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” no que se impartirán as especialidades formativas:

Madeira:

Nivel 1: (MAMD0209) TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLES (MAMD0109), APLICACIÓN DE BARNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE.

Nivel 2: (MAMR0308) MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS, (MAMS0108) INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA.

Albanelería-Fontanería-Climatización:

Nivel 1: (EOCB0109) OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN, (IMAI0108) OPERACIÓNS DE FONTANERÍA E CALEFACCIÓN-CLIMATIZACIÓN DOMÉSTICA.

Os requisitos que hai que cumprir para poder participar como alumno/a-traballador/a neste Obradoiro serán os seguintes:

- Estar dado de alta na oficina de emprego de O Porriño como demandante de formación nalgunha de ditas especialidades.

- Non se require formación prevía.

- Os colectivos con máis dificultades na inserción laboral terán prioridade.

As persoas que estean interesadas poderán inscribirse na pre-selección de dúas maneiras:

- Cubrindo unha solicitude acudindo a oficina de Porremprego do Concello do Porriño sita no Edificio Multiusos de Torneiros – Ribeira, s/n.

- Ou enviando un e-mail á oficina de emprego do Porriño a dirección oficina.emprego.porrino@xunta.gal no que se solicita poder participar na pre-selección de alumnos/as para Obradoiro de Emprego “Porriño Labora”, indicando nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, e-mail e especialidade que escolle.

O Alumnado traballador que se seleccione percibirá o salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses de duración.

NOVAS / CONCELLO
Presentación Terra de Canteiras.jpg
O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"
Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.