O Porriño entrará en restricións de nivel alto a partires do sábado 31

O Conselleiro de Sanidade ven de anunciar este mediodía as novas restricións por concellos decididas pola Xunta de Galicia que entrarán en vigor ás 00:00 do vindeiro sábado 31 de xullo. O aumento de contaxios e da taxa de incidencia ocorrida no Porriño na última semana motiva que o noso concello entre en restricións de nivel alto, a partires do sábado.

Segundo establece a Xunta, a hostalería convencional (bares, cafeterías, restaurantes, mesóns e taparías) poderá abrir interior e exterior dos seus establecementos ao 50% de aforamento. A maior novidade é que para consumir no interior, os clientes deberán acreditar certificado de vacinación, PCR negativa ou test de antíxenos negativo. Tamén serve acreditar que se ten pasada a Covid nos últimos seis meses. Para consumir nas terrazas, non é precisa acreditación.No que atinxe ao número de persoas, no interior, máximo 6; no exterior, máximo 10. Os establecementos deberán pechar ás 1:00 da madrugada.

Segundo os datos actualizados esta mañá polo Sergas, O Porriño presenta hoxe una taxa de incidencia de 710, con 141 casos nos últimos 14 días e 87 casos nos últimos 7 días. Xunto co Porriño entrarán en nivel alto de restricións a partires do sábado os concellos veciños de Mos, Redondela e Soutomaior. Por outra banda, o concello de Baiona entrará o sábado en nivel máximo de restricións.

NOVAS / CONCELLO
Presentación Terra de Canteiras.jpg
O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"
Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.