DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE REXEITAMENTO AO CONCERTO DE KAYDY CAIN

A corporación local do Porriño manifesta de maneira unánime a súa condena ao concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ofreceu este sábado no municipio veciño de Mos, así como a calquera outro evento musical ou cultural que agreda á dignidade das mulleres.

A música é unha importante fonte de culturización. En moitas ocasións é un reflexo da sociedade e tamén inflúe considerablemente nela, polo que letras como as de Kaydy Cain, abertamente machistas e con mensaxes explícitos que denigran ás mulleres, non contan co respaldo desta corporación.

Ningunha expresión artística pode faltar ao respecto nin fomentar actitudes que promovan a desigualdade nas relacións entre homes e mulleres, xa que ao facelo ,faltase aos valores sobre os que se cimenta unha sociedade democrática, libre e igualitaria.

O Concello do Porriño traballa, nos diferentes eidos de competencia municipal, para poñer fin ás desigualdades entre homes e muleres e contra a súa expresión máxima: a violencia machista.

A través da súa concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller, impleméntase unha política transversal de xénero en todas as actuacións municipais. Desenvolvense programas de sensibilización e promoción da igualdade no ámbito educativo, do emprego, do deporte, da cultura e da sociedade en xeral, dirixidas a promover un cambio de actitude na poboación e a previr comportamentos e crenzas que supoñan un trato discriminatorio cara as mulleres.

En definitiva, o Concello do Porriño traballa para construir valores de igualdade e respecto nas relacións persoais. Por isto, esta corporación amosa o seu rexeitamento e condena a concertos como o de Kaydy Cain, que fan apoloxía do machismo e van en contra dos valores que defendemos.

NOVAS / CONCELLO
Presentación Terra de Canteiras.jpg
O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"
Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.