O Concello apoia a candidatura do neno porriñés Lucas Giráldez Fernandes aos premios da "Fundación Romper Barreras"

A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure recibiron esta mañá no Concello a Lucas Giráldez Fernandes, un rapaz porriñés de 13 anos que opta aos premios nacionais da "Fundación Romper Barreras". Lucas é a única persoa porriñesa candidata a estes galardóns que premian a mellora entre persoas con capacidades diversas, a través da tecnoloxía da comunicación.

O caso de Lucas concorre na modalidade individual para persoas con capacidades diversas que empregaron, individualmente ou xunto coa súa familia, escola ou ambiente de traballo, tecnoloxía de apoio para mellorar a súa calidade de vida dun xeito orixinal, eficiente ou determinado.A Lucas diagnostícaselle desde 2010 a síndrome de Angelman, un trastorno neurolóxico de orixe xenética que provoca un grave atraso no desenvolvemento, discapacidade intelectual, falta de linguaxe e ataxia, entre outros síntomas.Desde decembro de 2020, a través dun comunicador adaptado a un iPad, as habilidades e autonomía de comunicación de Lucas experimentaron unha notable mellora. Tanto no ámbito familiar como no colexio. Lucas vai dous días á semana ao colexio Fernández López e os tres días restantes ao centro de educación especial "Saladino Cortizo" de Vigo.A candidatura presentada pola familia de Lucas aos premios da "Fundación Romper Barreras" consiste en adquirir un "Ipad Grid 3" cun altofalante incorporado que suporía unha mellora substancial para Lucas para aumentar a súa comunicación cos demais e mellorar a súa inclusión.É por iso que a súa familia solicitou a través do Concello que a poboación porriñesa que desexe amosar o seu apoio á candidatura de Lucas votando ata o 12 de outubro no enlace que engadimos.

https://pr.easypromosapp.com/voteme/919128/639828469?lc=es-es&ep1=ws#A nai de Lucas, Paula Fernandes, agradeceu ao Consello, a través do concelleiro de Educación, a acollida realizada hoxe que "nos permite dar visibilidade a estas situacións", segundo a nai.

NOVAS / CONCELLO
Presentación Terra de Canteiras.jpg
O proxecto CONSTIC impulsa a presenza feminina nos sectores da construción e as TIC a través do documental "Terra de Canteiras"
Trátase dun proxecto con fondos europeos liderado dende o IES Ribeira do Louro do Porriño, coa colaboracion do Concello e empresas líderes do sector como Coperfi O vídeo "Terra de Canteiras" narra a historia da pedra desde a súa extracción na canteira ata a súa incorporación na obra. Ao longo deste percorrido, móstranse diferentes perfís profesionais, na súa maioría de mulleres que traballan nas fases de extracción, transformación, deseño e construción
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.