IMG_4406.jpg
REUNION DA COMISION DE SEGUEMENTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia de responsables da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, da Policía Local e do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade presidiron a reunión de traballo que tratou diversas medidas de coordinación entre estas institucions e as forzas e corpos de seguridade. Asimesmo revisaronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.
IMG_3663.jpg
VOLVE A UNIDADE MÓBIL DO “ADOS” PARA RECOLLER DOAZONS DE SANGUE DOS PORRIÑESES
A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) solicitou ó Concello de Porriño que, de novo, preste a súa colaboración para sitúar unha unidade móvil para que a veciñanza faga doazóns de sangue entre mañán mércores 24 e ata ó venres 26. A unidade móvil estará aparcada na rúa Domingo Bueno fronte á Cafetería “Scala” en horario de tarde, entre as 16 e as 21 horas cada día.
9ffdd322d883c7ac3c2d4745bad25d5d.jpg
Xa hai 25 mulleres inscritas no curso de defensa persoal feminina e protección xurídica que está a organizar o Concello
O Concello de Porriño xa está a recoller inscripcións para o curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade, que se impartirá durante catro sábados do mes de maio, a partir do día 4. Neste intre xa hai 25 mulleres inscritas, segundo informou a Policia Local.As interesadas poden realizar a súa inscripción directamente no Concello, tamén no Pavillón Municipal de Deportes, no Ximnasio Jovhen Sport ou ben por e-mail no enderezo electrónico: administracion.policialocal@oporrino.orgAs prazas son ilimitadas. De tal xeito que inicialmente estáse a prever que as clases de defensa persoal impartiránse no ximnasio “Jovhen Sport” pero se a afluencia de mulleres é maior, pasarían ó Pavillón Municipal.A instrucción sobre técnicas e chaves para defensa persoal ás mulleres serán desenroladas por axentes da Policía Local e profesores especializados. E a información sobre protección xurídica será impartida polo maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. No seu caso o maxistrado explicará ás mulleres participantes as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza.A idea deste curso parte da Policía Local de Porriño. Financiase cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tramitados a través da Secretaría de Estado de Igualdade.
Preso.jpg
CURSO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA PERSOAL DAS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE
Axentes das Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que traballen coas víctimas de violencia de xénero son os destinatarios dun curso promovido polo Concello de Porriño, a través da Policía Local, e co apoio da Secretaría de Estado de Igualdade.
IMG_4121.jpg
PRESENTACION DO MERCADO DE PRIMAVEIRA “EKOHUERTA” QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO SÁBADO 13
A Alcaldesa de Porriño, Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón e mailos responsables da empresa “Ekohuerta” e da AVV San Benito e San Sebastián presentaron hoxe no Concello de Porriño a séptima edición do Mercado de Primaveira que se vai celebrar o vindeiro sábado 13 de abril na rúa Manuel Rodríguez.
Banner-OPORRINO-2019-ABRIL.jpg
VIVE A CULTURA URBANA: Graffiti e pintado de gorras
O programa de lecer para a mocedade “Vive a Cultura Urbana” está a celebrar en abril o “mes da música e arte urbano”.
PHOTO-2019-04-09-14-26-57.jpg
Conclue o obradoiro “Coas mans na masa” sobre elaboración artesanal de conservas
Soledad Girón, concelleira do equipo de goberno, responsable de Servizos Sociais entregará este serán os diplomas acreditativos ós quince participantes no curso “Coas as mans na masa” que conclue hoxe na Escola-Obradoiro do Multicentro Municipal de Torneiros. Tratouse dun cursiño para elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis do Baixo Miño, Louriña, Condado e Val Miñor.
CARTEL-WEB-2019.jpg
Aberta a inscripción para a VI edición do Triatlón Concello de Porriño
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
coas-mans-na-masa-19.jpg
Chegan a Porriño os cursos "Coas mans na masa"
Lourdes Moure, concelleira de Educación inaugurou esta tarde o curso formativo que se impartirá ata o mércores na Escola-Obradoiro de Torneiros dentro do ciclo "Coas mans na masa".
25cbc751-dcef-4f90-9c01-302bb2e526b8.jpg
250 escolares de Porriño participaron este ano no curso de Seguridade Vial impartido pola Policía Local
250 escolares de colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos centros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.
IMG_3746.jpg
A alcaldesa inspeccionou as obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal
Eva García, acompañada de técnicos municipais, inspeccionou esta mañán o desenrolo das obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal.