Porremprego.jpg
"Porremprego" difunde unha guía informativa para traballadores e empresas para acollerse ás axudas oficiais como consecuencia da pandemia
A Concellería de Servizos Sociais, a través de "Porremprego", ven de distribuir unha guía informativa para traballadores e empresas coas diferentes posibilidades de acollerse a axudas oficiais, segundo a situación na que se atopen., como consecuencia do estado de alarma a causa da pandemia polo "Coviud-19".Ademais facilitanse enlaces amplar información, para resolver as dúbidas máis frecuentes e para realizar trámites.
cursos-voluntariado-Xunta-de-Galicia.jpg
O Concello do Porriño sumase ao Plan de Formación de Xuventude durante a emerxencia sanitaria proposto pola Xunta de Galicia
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19", promovido pola Xunta de Galicia.
B46B8471.jpg
Novas achegas de alimentos de empresas da contorna para socorrer o aumento de familias en risco de exclusión
Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”. Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.
IV-PLAN-DE-IGUALDADE.jpg
IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020/2024
Desde a Concellería de Igualdade continuase co compromiso dedifundir o IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entreMulleres e Homes do Porriño 2020-2024; que foi aprobado porunanimidade no Pleno do 27 de febreiro, e presentado á cidadaníao 11 de marzo.Esta é unha versión resumida onde se dan a coñecer as medidas arealizaren no 1º semestre deste ano 2020; que se irá completandocoas medidas seguintes, 2º semestre do ano e así sucesivamente,segundo a cronoloxía do plan.A continuación deixamos o enlace
servicio-de-asistencia-emocional-para-adolescentes.jpg
O Concello ofrece servizo de apoio sicolóxico para adolescentes e coidadores para sobrelevar o confinamento
O Concello do Porriño en colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia (ASEIA) ven de poñer en marcha un servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes nesta sirtuación de confinamento que estamos a vivir.A prestación deste apoio sicolóxico tamén abrangue a coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos. Realizase por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social. Encarganse de dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de illamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.A atención é gratuita e pode solicitarse a través de teléfono e/ou por email:Teléfono: 622 245 545E-mail: aseia.galicia@gmail.com
B46B8045.jpg
Hoxe recibironse 21 toneladas de alimentos doados por industrias do sector alimentario e pola Cruz Vermella para abastecer ás familias máis necesitadas de Porriño
Ao longo deste martes recibironse no almacén do Banco de Alimentos “SOS Porriño”, 21 toneladas de productos doados por industrias do sector alimentario da contorna e tamén pola Cruz Vermella.
B46B7873.jpg
Industrias do sector alimentario doan toneladas de productos ao Concello para abastecer ás familias máis necesitadas do Porriño
Diversas industrias do sector de elaboración de productos alimentarios sitas na contorna están a realizar doazóns ao Concello do Porriño para poder abastecer ás familias máis necesitadas.
Plan-de-Continxencia-Contra-a-Violencia-Machista.jpg
O Concello vencellouse ao Plan de Continxencia contra a violencia machista durante o estado de alarma sanitaria
A Concellería de Igualdade informa que o Concello de O Porriño vencellouse ao Plan de Continxencia contra a violencia machista, activado polo Goberno Central debido a pandemia do coronavirus e a obriga do confinamento domiciliario.
Programacion-para-pasar-unha-corentena-logo.jpg
O Concello promove unha programación cultural especial "para pasar unha corentena"
O Concello do Porriño, a través do departamento de Cultura, ven de promover unha programación especial titulada “Para pasar unha corentena” ideado para o seu seguimento “on line” a consecuencia das restriccións que impon a prórroga do estado de alarma pola pandemia do “Covid-19”.
IMG_6145.jpg
O Concello entrega 54 traxes "EPI" para protección do persoal do Servizo de Axuda no Fogar
O Concello de O Porriño, a través da Policía Local, fixo entrega hoxe de 54 traxes EPI (equipo de protección individual) de nivel III ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para garantir a seguridade dos traballadores que prestan a diario atención domiciliaria a persoas dependentes e maiores.
B46B7078.jpg
Realizase hoxe o reparto urxente de lotes de alimentos ás 40 familias máis necesitadas
Esta mañán Protección Civil do Concello do Porriño e o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso iniciaron a entrega de lotes de alimentos non perecedoiros ás 40 familias que segundo a valoración dos técnicos municipais están nunha situación de maior necesidade.
B46B6620.jpg
Aprazado o primeiro pleno infantil do ano
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informa que dada a actual prolongación do estado de alarma pola pandemia do Covid-19, tomouse a decisión de aprazar o pleno infantil do Concello de O Porriño que ía celebrarse o 30 de abril.