Hoxe 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista, toda a corporación municipal do Porriño, mediante este manifesto en conxunto, "comprometémonos a impulsar políticas, programas, proxectos que garanten o libre exercicio da autonomía das mulleres, desde que somos nenas, cunha educación que empodere e remate coa cultura do medo, para que cada muller do mundo poida desenvolver de forma libre, autónoma e sen violencia o seu proxecto vital".
Un segundo lote de axudas económicas directas por un importe de 24.990 euros adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
O Porriño e os doce restantes concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural "Eu Rural" publicaremos mañá 25N, nas redes sociais de cada municipio, un vídeo documental titulado ‘Deixar o pasado atrás’, que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.
A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.
O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso con voluntarios e persoal de Protección Civil iniciou esta mañá a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do concello que reciben axuda a través de "SOS Porriño".Na actualidade 430 familias, practicamente 1.300 persoas, precisan da axuda mensual prestada polo Concello a través de "SOS Porriño".A gran novidade é que a partir deste mes lévase a cabo na casa para evitar as aglomeracións que se produciron diante da sede do Banco de Alimentos.Ao longo de hoxe os 50 primeiros lotes repartiranse entre familias de Torneiros, Chenlo, Atios, Mosende, Budiño e na zona urbana de Porriño.
O Concello do Porriño celebrará esta tarde tres comisións municipais informativas como preparación para o próximo pleno ordinario corporativo que terá lugar o mércores 28.As tres comisións que se desenvolverán a partir das 19:00 horas serán telemáticas, a través da sede electrónica.A primeira comisión será a de Economía e Facenda, que abordará a modificación do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) e do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras).Seguiralle a comisión de Urbanismo e Medio Ambiente que informará sobre a aprobación definitiva da nova ordenanza que regula as terrazas, entre outros asuntos. Tamén tratará da actualización da ordenanza medioambiental reguladora de ruidos.A última comisión da tarde será a de Servizos Sociais e Igualdade, que tratará a proposta dun manifesto e concentración institucional que se celebrará o 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade. Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI. Foi un dos asuntos tratados, na reunión celebrada hoxe no Concello, presidida pola alcaldesa Eva García, coa asistencia do concelleiro de Asuntos Sociais, David Alonso, así como de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI que asistiu acompañado de Celso Álvarez e Isra Mercader.
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.
O obradoiro “Coaching ontolóxico. Biodanza” que promove a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, estáse a desenvolver ao longo deste mes de setembro, dirixido a mulleres da vila en situación de especial vulnerabilidade co fin de contribuir na mellora da súa autoestima e crecemento persoal.
Esta semana, na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros, está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.