O Concello de Porriño organiza hoxe, dende a Concellería de Igualdade, coa ocasión do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”.
Dende a Concellería de Igualdade do Porriño, dentro da campaña” polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, estanse a desenvolver varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”
A Concellería de Igualdade informa que continúa o ciclo de proxeccións de películas “Cinema 25N”, coa ocasión da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, programado ao longo do mes de novembro. As proxeccións desenvólvense no Centro Cultural Municipal, con aforamento limitado, ás 19 horas, dende o pasado 5 de novembro co pase da cinta “O medo”, de Jordi Cadena. Mañá venres 12, é a quenda da película “A maleta de Marta”, de Günther Schwaiger. As seguintes proxeccións serán o venres 19, “As elixidas” de David Pablos; o xoves 25 de novembro, “A fonte das mulleres” de Radu Mihailean; e o venres 26 de novembro “Te doy mis ojos”, de Icar Bollain, incluída no ciclo de proxeccións de películas “Cinema Galego”, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes.
Lourdes Moure, concelleira de Educación visitou esta tarde o obradoiro sobre ciberseguridade que está a desenvolverse nos centros de ensino secundario porriñeses. A concelleira compartiu actividade con alumnos e alumnas de 3º da ESO no IES Pino Manso.
O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Por este motivo, este martes, á noitiña, o edificio do Concello do Porriño ten unha iluminación especial en rosa claro, tanto na fachada principal como na lateral.
O edificio do Concello terá unha iluminación especial en catro datas conmemorativas nas próximas semanas. A OMIX do Porriño, xunto coa Concellería de Educación e a de Igualdade e Cultura, anunciaron estas accións reivindicativas para estas catro datas: o 19 de outubro, Día Mundial contra o cancro de mama; 24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático; o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
A Concellería de Igualdade quere visibilizar o CIM, Centro de Información á Muller, un recurso que, desde o ámbito local, realiza unha intervención global dirixida ás mulleres e proporciónalles asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación e información.
Desde esta mañá, no primeiro andar do edificio do Centro Cívico Municipal, está a funcionar un punto de tramitación e recollida de acreditacións de vacinación para a veciñanza de O Porriño. Trátase dunha colaboración que presta o Concello, a petición da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, que solicitou a cooperación municipal cedendo un local onde establecer esta oficina. É atendida por persoal contratado polo Sergas (Servizo Galego de Saúde). Non é precisa cita previa e atenden desde as 8:00 ata as 15:00. A oficina estará operativa, en principio, ata o martes 31 de agosto. Os veciños e veciñas do Porriño que acudan a esta oficina deben levar a tarxeta sanitaria e o DNI para solicitar a acreditación de estar vacinados contra a Covid, documento ben impreso, ben en código QR, que se lles esixe actualmente para acceder ao interior dos locais de hostalería. O Porriño permanece desde a semana pasada en nivel de restricións alto e continuará unha semana máis, segundo anunciou onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A partires do vindeiro luns 2 de agosto, as oficinas do Concello do Porriño recuperarán a atención presencial en todas as dependencias agás no departamento de Servizos Sociais. Nas oficinas de Servizos Sociais manterase un control de aforamento e requirira cita previa para atención, aínda que se simplificará a petición por teléfono ou en persoa.
O Porriño únese a unha chea de vilas e concellos de Galicia que van celebrar hoxe luns, de tarde, concentracións de repulsa pola morte do mozo Samuel Luiz, a causa dunha malleira en A Coruña e para esixir o esclarecemento do crime. A convocatoria circula por redes sociais baixo o título "Xustiza para Samuel". No caso do Porriño, A Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira fai un chamamento á veciñanza para sumarse a esta concentración que vai ter lugar a partir das 20 horas na praza do Concello.
A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño informa que o Campamento Municipal de Verán 2021 queda suspendido pola situación motivada pola Covid-19 e seguindo as medidas de prevención provocadas pola pandemia.