O Porriño comeza a vestir as súas rúas con nomes de muller. No marco da programación do Día Internacional da Muller colocáronse por primeira vez varias placas en espacios públicos que lles darán nome de mulleres que polas súas ideas e acción se convertiron en referente para moitas outras, impulsando cambios e deixando a súa pegada na nosa sociedade ata o día de hoxe.
O Concello do Porriño presentou hoxe a súa programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, con actividades de visibilización sobre o papel das mulleres en diversos ámbitos e a relevancia de seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva.
O Centro Cultural acollerá o 7 de marzo unha charla informativa sobre o documento de instrucións previas organizada polo Centro de Saúde do Porriño coa colaboración do Concello.
O Porriño acolleu hoxe a presentación dun proxecto pioneiro en Galicia impulsado por Aceesca Asociación en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello do Porriño: o programa de Formación Dual de hostalería para persoas con diversidade intelectual.
O vindeiro 12 de febreiro comenzará o Campamento de Entroido para os e as máis pequenas da casa ; e como ben sendo costume, o mesmo desenvolverase no C.E.I.P Plurilingüe Xosé Fernández López e instalacións municipais
A empresa Lonza Biologics, con sede no Porriño, doou ao Concello do Porriño 10.000 mascarillas quirúrxicas para entregar a entidades sociais da contorna. A biotecnolóxica quere contribuir con este xesto a recoñecer o importante labor social que desenvolven estes entes e a súa inestimable contribución á sociedade porriñesa.
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue volve ao Porriño esta semana. Será o venres 9 de febreiro, de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h, e o sábado 10 de febreiro, de 10 a 15 h. Situarase na súa ubicación habitual na avda. Domingo Bueno, xunto ao Centro Cultural.
O IES Pino Manso acolleu onte a última das charlas sobre primeiros auxilios dirixidas ao persoal dos centros educativos do municipio. Esta formación, impulsada pola concellería de Sanidade no marco do Plan de Saúde Local coa colaboración do Sergas a petición do profesorado, tivo unha grande aceptación e desenvolveuse en todos os centros educativos de primaria, secundaria e educación especial do Porriño.
O Concello de Porriño contará no vindeiro curso con dúas escolas infantís máis, que se suman ás outras dúas xa existentes, unha no casco urbano e outra en Torneiros. As novas localizaranse nas parroquias de Pontellas e Budiño e suporán unha inversión de máis de 1,4 millóns de euros. A administración local vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Xuventude de 816.466 euros para a creación de 132 prazas de Educación Infantil de 0 a 3 anos. A cantidade restante achegaraa o Concello con fondos propios.
Nas seguintes ligazóns pódese descargar información relativa ao desenvolvemento do Campamento de Nadal 2023 - 2024 do Concello do Porriño que dará comezo o vindeiro 22 de decembro, así como a listaxe completa de admitidos/as no mesmo.
A Secretaria Xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañou hoxe ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e á concelleira de Igualdade, Carolina González, na presentación do novo Punto Violeta do Concello do Porriño.
O vindeiro 22 de decembro comenzará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 de 12 anos (ambos inclusive ). Tendo preferencia os empadroados no Porriño.