A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas.
O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, xunto coa concelleira Soledad Girón e o concelleiro Orlando Márquez, acompañaron este xoves ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, na visita que fixeron ás obras iniciadas pola Confederación, na beira do río Louro ao seu paso pola vila.
Catorce pilotos teñen confirmada a súa participación, o vindeiro sábado, día 5 de agosto, no ‘II Open Internacional Concello do Porriño F5J2017’ de Aeromodelismo, que terá lugar en Pontellas dende as 10 e media da mañá, organizado polo Club Furaventos do Porriño.
O vindeiro domingo, 6 de agosto, Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.
A vindeira fin de semana, sábado e domingo, 5 e 6 de agosto, organizada pola Comisión de Festas San Blas de Budiño 2018, a parroquia de Budiño celebra a Festa na honra a San Salvador. A mesma empezará ás 11 da mañá do sábado coa misa cantada pola Coral Polifónica do Centro Cultural A Forna e a procesión co grupo de gaitas ‘O son da Forna de Budiño’.
Aínda que este, 25 de Xullo, sexa o Día de Galicia e festivo en todo o territorio galego, o habitual mercadiño do Porriño dos martes abrirá con total normalidade, como informa o concelleiro Orlando Márquez.