dg.jpg
O escritor e xornalista porriñés Diego Giráldez lerá o pregón das Festas do Crsito o vindeiro sábado día 23
O vindeiro sábado, día 23, ás 12 e media do mediodía, na Praza de Antonio Palacios, o escritor Diego Giráldez, será o encargado de ler o pregón co que darán comezo as Festas do Cristo 2017.
Foto-.jpg
Este venres abre ao público no Centro Cultural Municipal a exposición fotográfica 'Viaxando'
Dende o venres 15 de setembro, e ata o vindeiro 9 de outubro, como parte das actividades da programación das ‘Festas do Cristo 2017’,poderá visitarse na OMIX do Concello-situada na planta baixa do Centro Cultural Municipal-, a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Premio de fotografía do mesmo nome.
Ordenanza1.jpg
A Policía Local está a levar a cabo unha estreita vixilancia do cumprimento da Ordenanza de Convivencia que contempla multas por non recoller os excrementos dos cans ou deixar refugallos fora dos contedores
As concellerías de Seguridade e Limpeza veñen de iniciar unha Campaña de Sensibilización e Concienciación Ambiental que abrangue, ademais, o coidado dos espazos públicos, tanto no casco urbano coma nas parroquias, sublimando a importancia da separación selectiva dos residuos.
Ciclismo.jpg
A 'Carreira Nocturna' de ciclismo das 'Festas do Cristo' será polo centro do Porriño o venes, día 29, dende as 8 da tarde
A ‘Carreira Nocturna’ de ciclismo, que forma parte da programación das Festas do Cristo, disputarase na data anunciada: o venres 29 de setembro, dende as 8 da tarde, pero será polo Centro do Porriño e non nas Pistas de Torneiros, como se anunciara.
Presentacion.jpg
Preto de 80 actos, actividades, actuacións ou probas deportivas, propostas do programa das 'Festas do Cristo 2017'
Preto de 80 actos, propostas, actividades, actuacións ou competicións deportivas, están previstas durante a duración das Festas do Cristo deste ano que abrangue máis aló dos días centrais das mesmas chegando ata o vindeiro 1 de outubro, data na que está prevista a celebración do Encontro Internacional de Aeromodelismo, por suposto en Pontellas.
FR.jpg
Esta domingo, día 10 de setembro: 'Festa da Risca'
O vindeiro domingo, día 10 de setembro, dende as 11 da mañá, organizada pola Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de Santa María do Porriño, 'Festa da Risca'.
Merca-na-rua.jpg
Todo listo para a celebración da XVII edición de 'Merca na rúa', este sábado, día 10, e o domingo, 11 de setembro no Porriño
‘Merca na Rúa’ ofrecerá artigos rebaixados “nunha cantidade tal que non sería posible atopalos a este prezo nas tendas”. Isto subliñou este mércores a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR).
Carracido.jpg
Festas en Carracido en honra á Virxe dos Milagros
Carracido celebra os vindeiros sábado, domingo e luns, días 2, 3 e 4 de setembro, a Festa en Honra á Virxe dos Milagros.
Cristo1.jpg
Bases dos postos de venda das Festas do Cristo
Xa se poden consultar as bases dos postos de venda das Festas do Cristo, que se celebran no Porriño do 22 ao 25 de setembro deste 2017.
Screenshot_20170825-184748.jpg
Open Nacional F3Q-acro e encontro de pilotos de Aeromodelismo, “Concello do Porriño”, esta fin de semana, 26 e 27 de agosto, en Pontellas
O Club Furaventos de O Porriño organiza esta fin de semana, 26 e 27 de agosto, dende as 10 da mañá, o Open Nacional F3Q Acro, de acrobacia con grandes veleiros e o encontro de pilotos de Aeromodelismo, que se disputará na Pista de Aeromodelismo de Pontellas.
Albergue.jpg
Aumenta, un ano máis, o número de peregrinos que durmiron no albergue do Porriño: 3.154 ata xullo, 464 máis que en 2016
Nos primeiros sete meses deste ano durmiron no albergue do Porriño  3.154 peregrinos, 464 máis que nos mesmos meses de 2016, o que sinala un incremento do 17,2% en relación cos 2.695 que estiveran ata xullo do ano pasado.
SSebastian.jpg
As Festas en honra de San Sebastián, os vindeiros días 25, 26 e 27 de agosto, venres, sábado e domingo
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián.