A Policía Local sinalizou e vixiará o cumprimento da prohibición de estacionar e circular polos viais do polígono de vivendas de Torneiros que van ser pavimentados.A prohibición entra en vigor desde as cero horas do luns 7 e estará vixente tamén todo o martes 8.Estas restriccións producense co obxecto do asfaltado dos viais de acceso aos polígonos de vivendas números II, IV e V asi como no vial principal de acceso ao Multiusos de Torneiros.O Concello do Porriño acomete estes traballos para a mellora das comunicacións nesta parroquia, cun orzamento de aproximadamente 90.000 €.Dende a Concellería de Infraestructuras que dirixe Pedro Pereira solicitase á veciñanza a súa colaboración.
O vindeiro luns 7 comezarán as obras de pavimentación de diversos viais no polígono residencial de Torneiros, proxecto que acomete o Concello do Porriño para a mellora das comunicacións nesta parroquia.
O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello.
A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira comprobaron hoxe, xunto cos deputados provinciais, Carlos López Font e Santos Héctor o desarrollo das obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue. A actuación tradúcese nunha ampliación de beirarrúas, mellora da seguridade vial mediante resaltos para o calmado do tráfico e pasos peonís nos accesos tanto aos centros docentes alí existentes como tamén ás instalacións do Polideportivo Municipal e outros edificios oficiais e privados.
Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e Cans. Esta semana reuniuse e coñeceuse a resolución da comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira asistido por tres técnicos municipais. A comisión determinou os importes das subvencións que totalizan 52.162 €. As achegas maiores serán para Cerquido, San Jorge-Mosende, Chenlo e Cans que recibirán a o importe máximo que estaba limitado nas bases da convocatoria a 8.000 euros. As restantes recibirán: Atios, 7.647 €; Rozadas-Eiris, 5.914 €; Torneiros, 2.800 €; Carracido, 2.542 €; e Budiño-Cruz, 1.258 €.Pedro Pereira, concelleiro responsable deste departamento anunciou que “o Concello do Porriño mvai manter nos vindeiros anos esta liña de subvencións municipais en colaboración coas comunidades de augas”.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Infraestructuras que dirixe Pedro Pereira, anuncia o inicio das obras de mellora do vial de acceso á Lagoa das Gándaras de Budiño. Segundo a previsión existente, os traballos se iniciarán no vindeiro mes de agosto. Trátase dunha obra financiada polo Plan Concellos 2020, cun orzamento base de licitación de preto de 44.000 euros (IVE incluído).
O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para establecer como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que tén unha lonxitude de 5 quilómetros. Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves, así como revisar o estado de bombas de achique, galerías de servizos e alumeado. Neste primeiro encontro participaron representacións do goberno municipal, encabezada por Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras, e da Entidade Urbanística, co xerente David Sobral. “É a primeira vez en 20 anos do polígono da Granxa que un goberno municipal do Porriño afronta este problema de mantemento que afecta ás 260 empresas establecidas nese polígono”, manifestou Lourdes Moure ao termo da reunión celebrada no consistorio. Segundo as recomendacións dos técnicos sobre qué actuacións serían prioritarias, a máis urxente sería mudar as pezas de ferro das acometidas por esgotamento da súa vida útil. "O Concello coa colaboración da Entidade Urbanística de A Granxa, determinaremos de qué xeito pódese financiar a execución destas melloras", manifestou a concelleira Lourdes Moure, asunto que se tratará nunha vindeira reunión.
A Comisión Municipal de Urbanismo tratará este mércores da resolución, mediante concertación directa, da venda dunha parcela de chan industrial urbanizable no PPI 6 de Budiño, valorada en 338.000 €. O térreno, de uso industrial, ten 5.110 metros cadrados
A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están activas- durante os tres meses que durou o estado de alarma polo “Covid-19”. O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira como concelleiro responsable do Patrimonio Municipal, levará a proposta á consideración dos voceiros dos restantes grupos da corporación para determinar se procede algunha compensación. Ata este intre, catro canteiras solicitaron formalmente ao Concello a devolución de parte do canon anual que pagan.
O Concello do Porriño anuncia a entrada en funcionamento de botóns de proximidade que non precisan contacto táctil para activar os semáforos. Trátase dunha medida relacionada cos protocolos de prevención anti-Covid19 co fin de previr riscos de contaxio.
A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño. Acordouse que esa análise inclúa tanto as facturas da conta 4/13 como aquelas que están pendentes porque carezan de partes de traballo, outras deficiencias ou tiveran sido rexeitadas polo sistema “Face”.
O mercado ambulante do Porriño que acadaba hoxe a terceira quenda dende o estado de alarma, tivo lixeiras modificacións na distribución dos postos de venda.