O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.
O Concello do Porriño anuncia a venda dunha parcela de titularidade municipal á firma “IBEREMBAL” por un importe de 960.000 euros, cantidade á que hai que engadir o correspondente 21% de IVE.
A alcaldesa Eva García informou hoxe que o Concello do Porriño está a planificar e desenvolver nestes primeiros días de 2021, unha serie de obras de mellora das infraestruturas viarias nos polígonos industriais.
As obras acometidas polo Concello consisten no acondicionamento, mellora da drenaxe e pavimentación con aglomerado asfáltico do camiño municipal de Centeans. Fixéronse, ademais, as obras necesarias e complementarias de recollida de pluviais para garantir a conservación do camiño.
O Concello rematou hoxe o pagamento mediante transferencia bancaria da segunda e última quenda de axudas económicas directas concedidas pola administración municipal pola Covid. Abonáronse en total 84.589 € entre autónomos e micro empresas do Porriño que se acolleron á convocatoria municipal.
A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño que dirixe Pedro Pereira, informa sobre a execución das obras de asfaltado do camiño de Liboeira ao Covelo, na parroquia de Atios.
Persoal do Concello repartiu esta mañá por establecementos e na Praza de Abastos, carteis da campaña "Agora máis que nunca nos perdamos a proximidade", en apoio do comercio local.
O goberno municipal porriñés, á vista da melloría que reflicten os datos de contaxios e incidencia da pandemia, decidiu aliviar algunhas das restricións existentes. Hoxe o SERGAS comunicou que no Porriño os novos contaxios baixaron a 39 casos activos aínda que seguimos cunha incidencia acumulada de máis de 150 e menos de 250.
O sector da hostalaría local tivo unha resposta desigual ante a posibilidade de abrir dende hoxe os seus establecementos segundo o establecido no plan de desescalada promulgado pola Xunta de Galicia. O Porriño está no nivel máis restritivo de xeito que os establecementos tan só poden servir nas terrazas, cun aforo reducido ao 50%, cun máximo de 4 persoas por mesa, sexan ou non conviventes. E deberán pechar ás 17 horas.
A melloría no Porriño segue a confirmarse como acreditan os 62 casos activos de infectados, segundo comunicou hoxe o SERGAS. Supoñen unha notable rebaixa dos que tiñamos hai unha e dúas semanas atrás, segundo valorou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid que celebrou reunión telemática, presidida pola alcaldesa Eva García.
Un segundo lote de axudas económicas directas por un importe de 24.990 euros adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
A Concellería de Mercados que dirixe Sergio Casal, informa que xa está aberto o prazo para a renovación de licencias de ocupación para venda ambulante no mercadillo dos martes. Trátase da renovación dos permisos para o exercicio de 2021.