O Concello do Porriño anuncia a contratación de 24 traballadores eventuais durante seis meses para reforzar diferentes servizos municipais. As prazas que se convocan son: 1 traballador/a social; 1 diplomado/a en Turismo; 3 oficiais de carpintería; 2 oficiais de primeira soldador;1 oficial de primeira electricista; 4 oficiais de primeira de albanelería;2 peóns de obras públicas; 1 auxiliar de enfermería;2 auxiliares de biblioteca; 1 auxiliar técnico de informática/arquivo;2 peóns forestais; 2 peóns de limpeza 2 2 conserxes. Todos eles a contratar a xornada completa durante seis meses. O Concello disporá de 247.680 € para aboar eses 24 contratos que é o importe da achega outorgada pola Deputación Provincial a través da Liña 3 do Plan Concellos 2020. A confirmación da achega recibiuse xa nas dependencias municipais. En breve comunicaremos a apertura do prazo para a recepción de curriculums de interesados que se recibirían e tramitaran nas oficinas de Porremprego.
A Concellería de Emprego distribúe estes gráficos que resultan moi intuitivos e sinxelos para que os traballadores autónomos do Porriño dispoñan de información actualizada á data de hoxe. Detállase as prestacións extraordinarias que se poden solicitar por cese de actividade ou redución substancial dos ingresos; a moratorias outorgadas polo Goberno para as cotizacións da Seguridade Social e obrigas fiscais e outras axudas a cargo da Xunta de Galicia, a través do IGAPE.
A Concellería de Servizos Sociais, a través de "Porremprego", ven de distribuir unha guía informativa para traballadores e empresas coas diferentes posibilidades de acollerse a axudas oficiais, segundo a situación na que se atopen., como consecuencia do estado de alarma a causa da pandemia polo "Coviud-19".Ademais facilitanse enlaces amplar información, para resolver as dúbidas máis frecuentes e para realizar trámites.
A Concellería de Servizos Sociais anuncia a posta en marcha do programa de emprego “Porriño Accede” dirixido a veciños e veciñas do concello en situación de desemprego.
Porriño será un dos catro concellos que participará no curso "Coas mans na masa" orientado a todas aquelas persoas ligadas de xeito profesional ao mundo da hostalería e a restauración.O curso chamase "Cociña creativa con produto local". Da man do chef galego Iván Méndez, os participantes descubriran novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. O curso é eminentemente práctico e aprenderase facendo, experimentando, cociñando e elaborando.
Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa "Tecendo lazos". En concreto do curso de "Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados" realizado no Centro Cívico do Porriño.
Eva García de la Torre acompañada de David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais, visitaron nas instalacións do Multisusos de Torneiros os cursos de formación para obtención de emprego que imparte gratuitamente o Concello do Porriño. Son cincoenta persoas as que se inscribiron e empezaron onte luns a súa formación que durará ata o venres 27.
David Alonso, concelleiro de Emprego, asistiu en representación do goberno municipal ó Rastrillo Solidario da AECC do Porriño celebrado durante a fin de semana.
A Concellería de Emprego anuncia a apertura a partir de mañán martes 3, do prazo de inscrición para persoas interesadas en realizar diversos cursos de formación que financia o Concello de O Porriño.
Os panadeiros porriñeses Luis Miguel Iglesias Lago, de ”Amaquía” e Jose Manuel Fernández Grova, de “O Forno de Mosende” recibiron hoxe unha placa en recoñecemento o seu traballo a prol do pan de Porriño.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
A administración municipal de O Porriño remitiu á Deputación o texto da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello para a súa publicación en el Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), requisito imprescindible para completar a aprobación definitiva deste documento. Non obstante a súa entrada en vigor será diferida conforme pactaron comité de persoal e goberno municipal. Será a partires do 1 de xaneiro de 2020.