O Concello contratará 24 traballadores eventuais durante 6 meses para reforzar diversos servizos municipais

O Concello do Porriño anuncia a contratación de 24 traballadores eventuais durante seis meses para reforzar diferentes servizos municipais. As prazas que se convocan son: 1 traballador/a social; 1 diplomado/a en Turismo; 3 oficiais de carpintería; 2 oficiais de primeira soldador;1 oficial de primeira electricista; 4 oficiais de primeira de albanelería;2 peóns de obras públicas; 1 auxiliar de enfermería;2 auxiliares de biblioteca; 1 auxiliar técnico de informática/arquivo;2 peóns forestais; 2 peóns de limpeza 2 2 conserxes. Todos eles a contratar a xornada completa durante seis meses. O Concello disporá de 247.680 € para aboar eses 24 contratos que é o importe da achega outorgada pola Deputación Provincial a través da Liña 3 do Plan Concellos 2020. A confirmación da achega recibiuse xa nas dependencias municipais. En breve comunicaremos a apertura do prazo para a recepción de curriculums de interesados que se recibirían e tramitaran nas oficinas de Porremprego.