O Centro Cultural Municipal do Porriño acolleu hoxe a presentación de Fóra de campo, a obra de Rosalía Fernández Rial que resultou gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño 2024.
O Concello de Porriño puxo en marcha o seu Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca activar o maior número posible de propiedades desocupadas de titularidade privada para incorporalas ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. Esta acción enmárcase dentro do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro, impulsado polo goberno autonómico a través do IGVS.
Esta fin de semana, Cans vestiuse de alegría para celebrar os 100 anos de Fermina Fernández, coñecida cariñosamente por todos como Fermina do Pouso. Os seus seres queridos uníronse nun acto de agarimo e recoñecemento cara a unha muller que foi un piar na súa contorna e un exemplo de dedicación e amor familiar.
O Concello do Porriño deu comezo xa as obras de construción dun novo parque infantil no Outeiro, en Atios. Este novo espazo, que como o resto dos proxectados no municipio este último ano responde á necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogo para cativada, está situado no barrio dos Galegos, que non conta cun parque infantil.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres as obras de construción dunha nova senda peonil na parroquia de Budiño.
O vindeiro sábado 12 de outubro, a pista de atletismo do Porriño converterase de novo no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración do VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño. A competición dará comezo ás 11:00 h e promete emoción asegurada para participantes e espectadores.
Desde o 1 ata o 21 de outubro o CCA Morea, en colaboración co Concello do Porriño, convida á veciñanza a participar da campaña “É tempo de Outono”. Esta é unha marabillosa oportunidade para apoiar aos nosos comerciantes e, ao mesmo tempo, levar moitos agasallos.Por cada compra que se realice nos establecementos asociados a Acipor, recibirase un rasca que podería conter un fabuloso premio. Hai 5 tarxetas de agasallo Morea de 20 euros, 420 paraugas e 305 tote bags esperando a ser descubertos.Os rascas premiados poderán trocarse ata o 23 de outubro nas tendas Lola, Serianper, Zafiro, Charol Shoes, Lencería Tere, Mapa Porriño, Rocío Lemos Peluquería e Conxelados Frandi, só presentando o rasca e unha copia do ticket da túa compra.Esta campaña non só é unha forma divertida de incentivar as compras, senón que tamén resalta a importancia de contar cun tecido comercial activo e dinámico. “Apostar polo comercio local é fundamental para manter viva a vida social e económica do pobo. Cada compra conta e cada comerciante merece o noso apoio”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Así que, saiamos a ver todo o que poden ofrecernos e a comprar! Xuntos, fagamos do Porriño un lugar aínda máis cheo de vida.”
O Concello do Porriño finaliza con éxito o traballo de dixitalización dos expedientes administrativos do Departamento de Urbanismo. Este importante proxecto, levado a cabo polo alumnado-traballador da especialidade de “Tecnoloxías da Información e Comunicación” do Obradoiro de Emprego “Porremprego Cualifica II”, permitiu dixitalizar un total de 1070 expedientes de diferentes departamentos municipais que abarcan desde o ano 2002 ata a implantación do sistema Xestiona na administración local.
O pleno celebrado onte no Concello do Porriño deu luz verde definitiva á aprobación do orzamento municipal para o ano 2024. Un orzamento que se incrementa nun 9,68% respecto ao vixente alcanzando os 20.832.693,65 €.
O mércores 4 de setembro volve arrancar a oficina municipal móbil para achegar a administración local á veciñanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.