ANDAINA-SOLIDARIA-AMUNT-VALENCIA-banner.jpg
Andaina solidaria FORZA VALENCIA, AMUNT!
O Concello de Porriño organiza dunha marcha solidaria baixo o lema "Forza Valencia, amunt", que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DANA que asolou a rexión de Valencia. A marcha, que é apta para todas as idades, percorrerá 4 km polo centro urbano e o paseo do Louro, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios ás 16:30 h. Terá unha duración de aproximadamente unha hora.
Pio-XII-inicio-obras-2.jpg
Arrancan as obras de construción dun novo gran parque no corazón do Porriño
O Concello do Porriño inicia hoxe un ambicioso proxecto de transformación urbana co comezo das obras para a creación dun novo espazo público entre as rúas Antonio Palacios e Pío XII. Estes traballos, que inclúen a humanización da Rúa Pío XII, representan a primeira fase da construción dun gran espazo libre de lecer destinado a revitalizar o centro urbano e promover un urbanismo máis amable e accesible.
Obradoiro-de-Emprego-1.jpg
Arranca o obradoiro "O Noso Encontro co Emprego" no que 16 mozos formaranse mentres traballan
O Porriño acolleu hoxe a presentación do Obradoiro de Emprego “O Noso Encontro co Emprego”, un innovador programa de formación e emprego dirixido a mozos menores de 30 anos. O evento, que tivo lugar nas instalacións de Porremprego, contou coa participación do alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, que estiveron acompañados polo director territorial de Emprego, José Antonio Rodríguez e a directora do Obradoiro, Begoña Echegaray.
Concentracion-coches.jpg
A Policía Local do Porriño desactiva unha concentración ilegal de vehículos no polígono industrial Oceanis-Cataboi
A Policía Local do Porriño levou a cabo o pasado sábado 12 de outubro a “Operación Caba”, unha intervención destinada a desactivar unha masiva concentración de vehículos e persoas no polígono industrial Oceanis-Cataboi. Este evento, convocado a través de redes sociais, converteuse nun espazo para exhibicións de condución e carreiras ilegais, xerando un grave risco para a seguridade pública.
Cluster.jpg
O Clúster do Granito aborda a protección fronte á sílice cristalina
O Centro Tecnolóxico do Granito acolleu hoxe un importante encontro técnico centrado na protección fronte á exposición á sílice cristalina, un tema de vital relevancia para a saúde dos traballadores no sector da extracción e tratamento de pedra, que no Porriño ten unha especial relevancia xa que esta actividade é fundamental.
B46B7658.jpg
A Oficina de Retorno da Xunta de Galicia atendeu na área de Vigo a preto de 5.000 familias retornadas
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa achegando os seus servizos de apoio ás persoas retornadas a través da súa Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas.  Na oficina da área de Vigo xa recibiron asesoramento 5.000 familias atendidas dende 2020. Estes servizos confírmanse como unha ferramenta esencial para facilitar o retorno e a integración dos galegos que deciden regresar á súa terra.
CORAL.jpg
A Coral Polifónica San Blas de Budiño celebra o seu 20 aniversario
O Círculo Recreativo Cultural acolle este sábado 19 de outubro, ás 19 h, o concerto do XX aniversario da Coral Polifónica San Blas de Budiño. 
Galicia-sabe-amar-no-Porrino-2023.jpg
A campaña `Galicia sabe amar´ desembarca no Porriño con petiscos gratuítos
Este venres chega ao Porriño GALICIA SABE AMAR, a campaña da Consellería do Mar para a promoción do consumo de peixe e marisco. Un dos catro foodtrucks que percorren o país repartirá petiscos gratuítos na Praza de abastos, en horario de 12 a 15 h, e na praza Arquitecto Antonio Palacios, de 18 a 21 h.
B46B6842.jpg
A UNED segue apostando por facilitar a formación superior no Porriño
O Concello de Porriño acolleu hoxe a presentación da oferta formativa da UNED Porriño para este curso, un evento que contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da UNED Pontevedra, Víctor M. González, e o coordinador de Extensión Universitaria, Rafael Cotelo.
O-piano-na-obra-de-Reveriano-Soutullo.jpg
Ciclo clásico Antonio Palacios: Un tributo musical no ano do seu nacemento
Con motivo do centenario da Casa do Concello e o 150 aniversario do nacemento do soado arquitecto Antonio Palacios, O Porriño acolle un ciclo de música clásica que promete ser unha homenaxe á rica tradición cultural da rexión. Este evento levarase a cabo do 19 ao 27 de outubro no Centro Cultural Municipal e na igrexa de Santa María do Porriño
Oficina-Mobi2.jpg
A Oficina móbil de atención ás persoas migrantes retornadas chega ao Porriño
A Oficina Móbil de Atención ás Persoas Migrantes Retornadas chega este venres ao Porriño.  Trátase dun recurso innovador da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia destinado a facilitar o retorno e a integración dos galegos que regresan a súa terra tras residir no estranxeiro. 
Asfaltado-Carracido.jpg
Obras de mellora dun camiño en Carracido
O Concello do Porriño continúa o seu compromiso coa mellora da calidade de vida da súa veciñanza co fortalecemento das infraestruturas no rural. Nesta ocasión, iniciouse o repavimentado dun camiño no barrio de Carracido de aproximadamente 600 metros de lonxitude que, ata o de agora, presentaba un evidente estado de deterioro.