Sergio Casal, concelleiro de Mercados e representantes do sector de vendedores acordaron hoxe que o mercado ambulante do Porriño volverá o vindeiro martes 23 de xuño. O mercado ambulante non se celebra dende a declaración do estado de alarma.
Coa entrada da comunidade autónoma de Galicia na chamada "nova normalidade", a Xunta de Galicia autorizou a reapertura dos parques infantís que esteán ao aire libre. De tal xeito que o Concello do Porriño anuncia que as instalacións serán reabertas a partir de hoxe.Estas instalacións permaneceron precintadas durante o estado de alarma.
Os técnicos do departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño asesora aos veciños e veciñas que vaian a solicitar o IMV (ingreso mínimo vital).Pode solicitarse desde este luns a través da sede electrónica da Seguridade Social.Para orientar aos posibles demandantes desta renda, o departamento de Servizos Sociais editou uns folletos informativos que reproducimos.
Nenos e nenas do Porriño que participan do Consello Municipal da Infancia elaboraron 4 pequenas pezas audiovisuais nas que contan a súa experiencia durante a corentena fronte ao Covid-19 e de cara á “nova normalidade”.
O Concello do Porriño medrou en 136 habitantes durante o período comprendido entre o 13 de marzo e o 12 de xuño, data da última actualización do padrón municipal. Neste período rexistráronse no Porriño 35 nacementos e 101 cambios de residencia. A alcaldesa Eva García valorou “con sorpresa” que O Porriño “presente estes datos de crecemento de poboación nun espazo tan curto de tempo”. A alcaldesa manifestou que “debemos estar orgullosos de que a nosa poboación medre dun xeito tan significativo”. Eva Garcia engadiu que “moitas persoas consideren que O Porriño é un lugar axeitado para residir, supón o recoñecemento a que o noso concello é unha alternativa residencial á gran urbe que é Vigo e que, polo tanto, podemos prestar servizos de moi boa calidade e ser unha cidade que estea pensada para os cidadás”.
Finalmente, hoxe venres celebrouse o pleno extraordinario da Corporación Municipal do Porriño para realizar o sorteo para a composición das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo.
O Concello do Porriño ven de habilitar un sistema de cita previa a través da sede electrónica que non precisa de que o solicitante teña certificado dixital.
O goberno municipal levará á consideración do pleno da corporación local, a adhesión do Concello do Porriño ao Servizo Provincial de Acollida de Animais Abandonados, dependente da Deputación de Pontevedra.
Esta semana comezaron as obras de pavimentación do camiño da Vacaría, en Budiño, acometidas polo Concello do Porriño, por iniciativa da Concellería de Urbanismo que dirixe Pedro Pereira. As obras consisten no acondicionamento, limpeza, mellora da drenaxe e pavimentación con aglomerado quente, e posterior sinalización do camiño veciñal. Teñen un prazo de execución de 3 meses e un orzamento de 36.000 €. Execútanse con cargo ao Plan Concellos 2020, da Deputación Provincial.Previamente a comunidade de augas, coa autorización da Concellería de Urbanismo e Infraestruturas, renovou a traída de augas veciñal.
O Concello do Porriño, representado polo concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, participou hoxe na reunión telemática que mantiveron a Xunta de Galicia e os concellos do distrito forestal Vigo-Baixo Miño, presidida por Tomas Fernández Couto, director xeral de Montes.
Coa ocasión da avaría que onte á tarde produciuse na rede de distribución de auga na parte alta do núcleo urbano, os servizos técnicos municipais aproveitaron para substituír un tramo de 100 metros de tubaxes que estaba pendente da súa reposición. Por este motivo, hoxe mércores aínda están a producirse micro cortes de subministro de auga namentres se realizan as conexións.
Esta mañá tivo lugar a estrea da primeira Sala de Estudo Municipal, creada polo Concello do Porriño, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. A sala de estudo funciona inicialmente cun horario de 8,30 a 14,30 horas, de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria polo COVID-19.A súa creación é unha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira. Ca súa ubicación no Centro Cívico, baleirouse á Biblioteca Municipal, separando o estudo da lectura, o que permitirá gañar espazo na Biblioteca para implementar novos servizos. Segundo explicou a concelleira, “este novo espazo vén complementar á Biblioteca Municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna”. “Ao mesmo tempo esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, coma que a Biblioteca Municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico”, engadiu Cami Moreira.