A Policía Local do Porriño impuxo onte á noite na Avenida de Buenos Aires, as primeiras denuncias a varias persoas, todas elas mozas, que non facían uso das máscaras de protección nunha reunión. Cada denuncia dará lugar a multas económicas de 100 € por persoa, segundo a normativa vixente da Xunta de Galicia.
Esta mañá celebráronse once mesas de contratación doutras tantas licitacións convocadas polo Concello do Porriño por un importe aproximado de 3 millóns de euros. Entre elas a poxa de vehículos municipais en desuso, dos que se venderon media ducia.
A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño. Acordouse que esa análise inclúa tanto as facturas da conta 4/13 como aquelas que están pendentes porque carezan de partes de traballo, outras deficiencias ou tiveran sido rexeitadas polo sistema “Face”.
O mercado ambulante do Porriño que acadaba hoxe a terceira quenda dende o estado de alarma, tivo lixeiras modificacións na distribución dos postos de venda.
A empresa “Urbaser” comezou hoxe, dende as sete da mañá, a prestar o servizo de limpeza viaria no concello do Porriño. A nova concesionaria subrogouse o persoal da anterior, comprometeuse a aumentar maquinaria e tamén as frecuencias de de limpeza, en especial en Torneiros, segundo precisou Sergio Casal, concelleiro responsable.O cambio fora acordado pola corporación municipal nun pleno extraordinario celebrado na primeira semana de marzo (antes da declaración do estado de alarma). Aprobouse cos votos favorables de PSOE, PP, EU SON e UDDL e coa abstención dos dous concelleiros do BNG.A re-adxudicación deste contrato baseouse nunha resolución da Mesa de Contratación do Concello, a raíz dunha sentencia do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia.
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure comprobaron co enxeñeiro municipal os danos acontecidos baixo a vía pública por un foxo ó carón da Fonte do Cristo na rúa peonil.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
O Partido Popular acadou o apoio dos dous concelleiros de EU SON que respaldaron o voto particular do grupo principal da oposición para deixar enriba da mesa a operación de crédito proposta polo goberno municipal coaligado PSOE-BNG. De xeito que a proposta de xerar ese crédito por importe de 2,5 millóns de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes de exercicios anteriores, non se poderá materializar, de momento.
Baixo o lema "Por un Porriño Trans-Verso", o Concello celebrou o "Día do Orgullo LGTBIQ+".Cami Moreira, concelleira de Igualdade manifestou o seu orgullo de que "O Porriño se sumara un ano máis a esta celebración para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade".
O goberno municipal coaligado PSOE-BNG que preside Eva García levará ao pleno ordinario de xuño, a proposta dunha operación de crédito extraordinario por importe de algo máis de 2,5 millóns de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes do exercicio de 2019.
A Alcaldesa Eva García presidiu este mediodía a presentación do programa de actos de celebración do "Dia do Orgullo LGTBIQ+" que comezará este serán e rematarán mañá domingo.