IMG_2263.jpg
Eva García insta por carta a 15 alcaldes e alcaldesas de concellos afectados pola crise de "Maderas Iglesias" a formar unha fronte común
Hoxe saíron as quince cartas que Eva García de la Torre dirixe aos seus homólogos nas alcaldías dos concellos tamén afectados, coma O Porriño, pola crise da empresa “Maderas Iglesias”, localizada no polígono industrial das Gándaras. A rexedora porriñesa insta a formar “unha fronte común que acade protexer o futuro económico dos traballadores cos mecanismos que conta a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria”. Eva García expresa na súa misiva “considero que un grupo institucional de alcaldes e alcaldesas teremos a fortaleza para chegar ao máis alto da administración autonómica”. As cartas dirixíronse aos alcaldes e alcaldesas de Salvaterra, Ponteareas, Mos, Vigo, Salceda de Caselas, Tui, As Neves, Redondela, Tomiño, Mondariz, Fornelos de Montes, A Guarda, Moaña, O Rosal e Soutomaior. Xunto co Porriño, todos eles contan con traballadores afectados que son veciños dos seus respectivos concellos. Actualmente “Maderas Iglesias” ten 148 traballadores en nómina. Hai nove anos, chegou a superar os 800 pero o estoupido da burbulla inmobiliaria afectoulle reducindo a fabricación de tarima flotante. Leva unha década en perdas e cunha imparable redución de traballadores con nove EREs consecutivos.
Fachada-Concello-de-Porriño.jpg
Inclúese unha comunidade de augas máis no reparto de subvencións do Concello
Finalmente son dez as comunidades de augas de consumo que acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.
instalaciones-biofabri-en-porrino.jpg
O Concello manifesta o seu orgullo de que unha empresa local sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a "covid-19"
O Concello do Porriño manifesta “o seu orgullo de que unha empresa asentada neste termo municipal” sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a Covid-19. Trátase de “Biofabri”, filial do grupo “Zendal” que foi elixida pola compañía norteamericana “Novavax” para realizar a produción da vacina para a Unión Europea, segundo o acordo anunciado. “Para Porriño constitúe un motivo de ledicia e satisfacción que unha fábrica asentada en Torneiros reciba esta encarga o que acredita o alto grao de especialización e recoñecemento a nivel mundial que ten a nosa industria”, valorou Eva García, alcaldesa de O Porriño. Hai que lembrar que no pasado mes de xullo, o ministro de Ciencia, Pedro Duque visitou as instalacións de “Biofabri” en Torneiros, despois da concesión de preto dun millón de euros en subvencións do Goberno de España para continuar esta investigación en vacinas.A alcaldesa subliñou que a actual fábrica de “Biofabri” e o grupo empresarial “Zendal” ao que pertence “ten as súas raíces nos proxectos de familias como os Fernández López que crearon o grupo Zeltia hai máis de 80 anos”. Eva García ofreceu a “Biofabri” “toda a colaboración que sexa posible dende o Concello do Porriño”.
IMG_2264.jpg
Eva García ofrece a súa mediación aos traballadores de "Maderas Iglesias" e instará unha reunión conxunta de alcaldes co conselleiro de Industria
A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.
cfef003c-817c-467c-98a7-2861545f50cf.jpg
Fomento amosa disposición favorable a ceder ao Concello o tramo da N-120 entre Cans e O Confurco
O Concello do Porriño trasladou hoxe ao Goberno Central a petición de que o tramo da estrada Nacional 120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal.
IMG_2177.jpg
Alcaldesa e concelleira de Educación comprobaron os protocolos no primeiro día de volta ás clases
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.
IMG_2101.jpg
Presentada a XXIII edición de "Merca na rúa"
Sergio Casal, conselleiro de Comercio e Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes "Acipor" presentaron a XXIII edición da feira de oportunidades "Merca na rúa" que terá o vindeiro fin de semana. 26 stands (seis deles dobres) reunirán na rúa peonil, a diversa oferta de productos que propón esta nova edición de "Merca na rúa" que "será diferente coa ocasión dos protocolos anti-Covid que debemos observar", manifestou a presidenta da asociación organizadora."Este ano os postos de venda esarçan máis distanciados entre sí para observar os protocolos de seguridade e garantir a de todos os que desexen asistir", manifestou o concelleiro Casal.
IMG_2057-1024x768.jpg
A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes sexa seguro no comezo das clases
Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares. Este foi o compromiso principal acadado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e polo Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez na reunión que mantiveron cos directores dos centros educativos da vila.Nalgúns casos particulares, como son os colexios de Budiño e Atios, acordouse que o Concello reforce os accesos aos respectivos centros docentes con sinais verticais para evitar atrancos. A concelleira de Educación exhortou aos pais e nais de alumnos a que presten “a máxima colaboración posible para que esta volta ás clases sexa coa maior tranquilidade posible” e manifestoulles que o Concello “fará todo o posible e que estea nas nosas mans para garantir a seguridade dos nosos nenos e nenas”, dixou Lourdes Moure.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
O Concello amosa a súa "grave preocupación" pola escalada de sinistros laborais
O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso. Pola súa banda, David Alonso, concelleiro de Emprego expresou a inquedanza do goberno municipal por esta vaga de sinistros e lembrou que dende a administración municipal e a través de “Porremprego”, realízanse cursos de formación en seguridade e prevención de riscos laborais de xeito gratuíto. “Non obstante semella que cumpre reforzar eses programas de formación en estreita colaboración e coa implicación das empresas para poñer freo a esta sucesión de accidentes laborais”, manifestou o concelleiro de Emprego.
IMG_2093.jpg
O Porriño vai ter Festas do Cristo "diferentes e seguras" neste 2020
O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.
centro-de-salud-de-porriño.jpg
A alcaldesa pide unha reunión ao novo conselleiro de Sanidade para tratar o proxecto de ampliación do Centro de Saúde
A Alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, solicitou hoxe por carta unha reunión ao novo Conselleiro de Sanidade para abordar o estado do proxecto de ampliación do Centro de Saúde do Porriño. A alcaldesa lembra ao novo titular do departamento, Julio Garcia Comesaña que hai meses firmou co seu antecesor, Jesús Vázquez Almuiña o convenio para ampliación de dito centro de saúde. Eva Garcia traslada na misiva ao novo conselleiro a felicitación no nome de todos os porriñeses polo seu nomeamento. E a continuación, a alcaldesa expon a preocupación no nome dos porriñeses nos seguintes termos: “quero que sexas consciente do desfase que temos nun concello que xa ten superada os os 20.000 habitantes e que carece de infraestruturas sanitarias modernizadas coma as de concellos limítrofes Tui ou Salceda, onde a Xunta de Galicia foi quen de facer novos centros de saúde para servizo dos veciños”. A alcaldesa porriñesa pecha a súa carta solicitando “gustaríame poder expoñerte estas cuestións de forma persoal o día e a hora que consideres”.
Porremprego.jpg
O Porriño, por terceiro mes consecutivo, medra en emprego fronte á tendencia da área metropolitana. 186 persoas saíron das listas do SEPE neste Concello.
David Alonso, concelleiro de Emprego salientou hoxe nunha declaración oficial, que “O Porriño ven de acreditar en agosto, por terceiro mes consecutivo, un descenso do número de parados rexistrados o que confirma a boa labor de todo o tecido empresarial e industrial do noso  concello que é quen de superar o difícil escenario económico actual”.