Unha avaría telefónica na central "Movistar" en Porriño, situada no edificio que esta empresa ten na praza do Cristo, afecta a 1.300 subscritores de liña fixa. Entre os afectados está o Concello do Porriño, que desde o xoves está sen servizo de telefonía fixa nas oficinas do concello.Segundo "Movistar", a falla xurdiu á unha da tarde de onte e esta mañá aínda estaba sen resolver.
O vindeiro xoves 8 de outubro, o Concello do Porriño acollerá unha xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos 16 concellos que teñen entre os seus veciños, traballadores afectados polo risco de peche da empresa “Maderas Iglesias”. Reuniranse co comité de persoal da factoría que actualmente ten 148 operarios, na súa meirande parte mulleres.
O Concello do Porriño informa que hoxe venres 25, o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica as bases e convocatoria para a concesión das axudas extraordinarias pola crise sanitaria provocada pola pandemia.
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.
José Luis Baños de Cos é o ganador da terceira edición do premio literario “Roberto Vidal Bolaño”, coa obra titulada “A cámara escura”. O galardón instituído polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro entregouse hoxe pola alcaldesa Eva García nun acto condicionado polos protocolos anti-covid, celebrado no salón de sesión do consistorio porriñés coa asistencia do galardoado.
O Concello do Porriño difunde as bases e convocatoria para a concesión de axudas extraordinarias pola crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. Traballadores autónomos, micro empresas e pequenas e medianas empresas do Porriño serán as destinatarias destas axudas con cargo a un fondo de 100.000 euros, segundo acordo da corporación municipal. As bases e convocatoria serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). O día seguinte hábil despois da publicación, comezará o prazo de presentación de solicitudes.Deixamos ligazón co documento coas bases, convocatoria e formularios.
A Alcaldesa Eva García de la Torre presidirá este mércores 23 de setembro o acto de entrega do premio literario “Roberto Vidal Bolaño” 2020 que terá lugar a mediodía no salón de plenos do Concello do Porriño.
A Alcaldesa Eva García de la Torre participou hoxe nunha xuntaza da Comisión de Seguimento da área de Transporte Metropolitano de Vigo convocada pola delegación territorial da Xunta.
A Policía Local do Porriño colaborou coa Garda Civil na detención do presunto responsable da plantación de marihuana localizada hai un par de semanas nun espazo da Rede Natura 2000, dentro do termo municipal porriñés.
Hoxe saíron as quince cartas que Eva García de la Torre dirixe aos seus homólogos nas alcaldías dos concellos tamén afectados, coma O Porriño, pola crise da empresa “Maderas Iglesias”, localizada no polígono industrial das Gándaras. A rexedora porriñesa insta a formar “unha fronte común que acade protexer o futuro económico dos traballadores cos mecanismos que conta a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria”. Eva García expresa na súa misiva “considero que un grupo institucional de alcaldes e alcaldesas teremos a fortaleza para chegar ao máis alto da administración autonómica”. As cartas dirixíronse aos alcaldes e alcaldesas de Salvaterra, Ponteareas, Mos, Vigo, Salceda de Caselas, Tui, As Neves, Redondela, Tomiño, Mondariz, Fornelos de Montes, A Guarda, Moaña, O Rosal e Soutomaior. Xunto co Porriño, todos eles contan con traballadores afectados que son veciños dos seus respectivos concellos. Actualmente “Maderas Iglesias” ten 148 traballadores en nómina. Hai nove anos, chegou a superar os 800 pero o estoupido da burbulla inmobiliaria afectoulle reducindo a fabricación de tarima flotante. Leva unha década en perdas e cunha imparable redución de traballadores con nove EREs consecutivos.