O concello do Porriño é o segundo de Galicia no que máis medra o saldo vexetativo e o primeiro da provincia de Pontevedra, segundo os datos difundidos este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referentes a o ano 2017.
A alcaldesa vén de convocar o Pleno do Concello para este martes, día 31 de xullo, ás 7 da tarde que, coma os anteriores, pode ser seguido en directo, por streaming, polas veciñas e veciños do Porriño, entrando no portal web municipal.
Membros da Policía Local do Porriño participaron este mes de xullo nos campamentos de verán do Concello- abertos a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos de idade- co obxectivo de “reforzar a proximidade e a confianza cos máis pequenos”.
Dende o pasado mes de febreiro, e seguindo as instrucións das concellerías de Seguridade e Tráfico, a Policía Local co Porriño está a levar a cabo unha campaña sobre o consumo de drogas entre os condutores e, doutra banda, acción constantes para acabar co ‘menudeo’ a pequena escala.
A Policía Local do Porriño informa que a causa da celebración de Porrigalia, o venres, día 20, sábado, 21 e domingo 22 de xullo, haberá cortes, restricións e desvíos do tráfico rodade en distintas rúas do casco urbano.
Axentes da Policía Local do Porriño detiveron o pasado domingo, día 15, a un individuo de 38 anos de idade, que atopábase fuxida da xustiza tentando evitar o seu ingreso en prisión e, deste xeito, forzar a prescrición da súa condena.
A Policía Local do Porriño dispón xa dun novo coche, adquirido polo sistema de ‘renting’, que vén tanto a iniciar a renovación do parque deste corpo, que conta con vehículos de máis de 15 anos de antigüidade algún deles superando os 350.000 quilómetros, coma a facer unha aposta polo coidado do medio ambiente.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a concelleira de Festexos, Soledad Girón, presentaron este venres a ‘Porrigalia 2018’, a 5ª edición desta festa que ‘tomará’ O Porriño entre os días 20 e 22 xullo e que terá coma grandes citas os concertos de ‘Mojinos Escozíos’, o venres, día 20, e de ‘Ses’ o 21 que, coma salientou a alcaldesa toca en Porrigalia grazas á contribución da Deputación de Pontevedra, que asume o seu caché.
Un equipo de investigadores internacionais, liderado polos arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas e Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH) retomaron a semana pasada os traballos de investigación nas Gándaras de Budiño, “considerado historicamente o xacemento paleolítico máis importante de Galicia”.
O vindeiro luns, día 9 de xullo, ás 8 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, as personas que se acheguen á mesma poderán gozar co Mago Teto, un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de grande popularidade e recoñecemento.
Aumentar a seguridade vial coa construción de tres novas rotondas, controlar o cumprimento da ordenanza municipal que limita as horas de estacionamento de camións ou que o transporte metropolitano chegue ata o polígono industrial, foron algún dos temas tratados pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e empresarios da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, co seu presidente, Indalecio Cuevas, á cabeza, nunha xuntanza que as dúas partes cualificaron de “moi positiva”.
O Concello vén de publicar as Bases e Convocatoria para a concesión de premios a Comparsas e Asociacións Culturais e Veciñais do Porriño que participen na celebración de 'Porrigalia 2018'.