CARTEL-MAVIVA-001-1.jpg
A Concellería de Emprego impulsa, por medio do 'Plan Porriño Accede', un 'Curso de Loxística e carretilla elevadora' para veciñas e veciños que estean en situación de demandantes de emprego
A Concellería de Formación e Emprego, que dirixe Soledad Girón, impulsa, por medio do ‘Plan Porriño Accede’, un ‘Curso de Loxística e carretilla elevadora’ que ten coma destinatarias a veciñas e veciños do Porriño que sexan demandantes de emprego.
Foto-Control-Alcohol-3-800x600-1.jpg
A Policía Local do Porriño recupera un coche que fora roubado o pasado mes de novembro
Axentes da Policía Local do Porriño recuperaron o pasado martes, no casco urbano, un coche que figuraba coma roubado en Vigo en novembro do ano pasado.
Concello.jpg
@depo_es abre este mércores no Concello un servizo de atención á veciñanza sobre o proceso de regulación castastral
A Deputación de Pontevedra colabora co Concello do Porriño para habilitar, a partir deste mércores, día 8 e agosto, un servizo provisional de atención ao público para que veciños e veciñas poidan tramitar máis facilmente as súas consultas sobre o procedemento de regularización catastral que se está realizando na actualidade.
IMG-20180803-WA0002.jpg
O Goberno local cumpre co seu compromiso e acomete a reparación, mellora e reforma da Gardería da Galiña Azul, en Torneiros, que estará rematada a finais deste mes de agosto
O Goberno local do Porriño vén de iniciar as obra de mellora e reforma da Escola Infantil A Galiña Azul de Torneiros, con cargo á liquidación do Consorcio Galego de Benestar, cun orzamento de 37.577,53€.
Anxo-Moure.jpg
Este luns, día 6, na Praza de Antonio Palacios, dobre sesión dentro da programación cultural de agosto: o contacontos Anxo Moure e o concerto de Najla Shami e Sérgio Tannus
O programa de artes escénicas ‘Vive o Camiño’ inclúe a particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea, a cargo do lucense Anxo Moure, que estará este luns, día 6 de agosto, ás 8 da tarde, na Praza de Antonio Palacios.
CARTEL_XFESTACABRITOESPETO.jpg
O vindeiro domingo, 5 de agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará a X Festa do Cabrito ao Espeto.
Como cada primeiro domingo de agosto, o campo de fútbol en Chan da Carreira será escenario desta festa gastronómica que, grazas ao esforzo e implicación dos veciños e veciñas de Chenlo, xa se ten consolidado como evento de referencia na comarca e en toda a provincia.
Alcaldesa-3.jpg
A alcaldesa defende a xestión de "control" feita polo Goberno local en relación coas facturas e rexeita a suposta 'manipulación' da que fala o PP
A alcaldesa, Eva García de la Torre, quere aclarar aos cidadáns, en relación coa ‘manipulación’ da que fala o Partido Popular e que ten que ver con facturas que entraron no Concello, que aquelas que non eran correctas, ben polo feito de que o importe non era o acordado, o concepto das mesmas non era o que se indicaba ou non quedaba explicado, con exactitude, o servizo que se prestaba, tiñan que sinalarse coma ‘non conformes’.
Alcaldesa.jpg
O paro baixa, un mes maís no Porriño, que no que vai deste ano reduciu o desemprego ata taxas de hai unha década
Dende 2008 non se coñecía no Porriño unha taxa de desemprego semellante á do pasado mes de xullo no que o paro volveu a baixar na vila situándose en 1.420 persoas, o que representa o 15%.
Foto-Control-Alcohol-1.jpg
A Policía Local do Porriño realizou no que vai de ano máis de 1.000 probas de alcoholemia e imputou 22 delitos a condutores que superaron os 0,60mg/l
No primeiro semestre deste 2018 axentes da Policía Local do Porriño realizaron máis de 1.000 probas de detección de alcohol a condutores das que 47 foron positivas, imputando 22 delitos contra a Seguridade Vial ao superar as taxas os 0,60mg/l.
Sin-título.jpg
O Consorcio de Augas do Louro prestará os servizos de baleirado de fosas sèpticas domésticas
O Comité Directivo do Consorcio do Louro, presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de acordar que prestará os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.
Rueda.jpg
A alcaldesa lamenta que Rueda non veña a O Porriño coma vicepresidente da Xunta para interesarse polo lindano, o Centro de Saúde, o tren ou a nova gardería e sí para facerse a foto co presidente local do PP
A alcaldesa, Eva García de la Torre, vén de amosar a súa sorpresa pola anunciada visita, este xoves, ao Porriño do vicepresidente da Xunta de Galicia a O Porriño para asistir á presentación da ‘X Festa do Cabrito o Espeto de Chenlo’.
img_23722.jpg
A alcaldesa amosa a súa "satisfacción e ledicia" pola solución da situación das traballadoras e traballadores de Servicarne, que dende este 1 de agosto pasan a ser empregados fixos de Frigolouro
A alcaldesa, Eva García de la Torre, vén de amosar a súa “satisfacción e ledicia” polo feito de que, finalmente, Frigolouro regularizase a situación dos falsos autónomos de Servicarne que, dende este mércores, día 1 de agosto, pasarán a formar parte do plantel coma traballadores fixos, tal e como lle instaba a resolución da Inspección de Traballo e da Tesourería da Seguridade Social.