Volve ao Porriño a Copa Galicia de Ciclocross

O polígono de Cataboi acollerá o vindeiro domingo, 9 de novembro, a máis de 300 ciclistas nunha xornada de competición e promoción do deporte

O Porriño, 1 de novembro.- A Copa Galicia de Ciclocross 2025-2026 regresa ao Porriño para celebrar a súa quinta cita do calendario. Despois de ter iniciado a competición nesta mesma localidade co VIII Trofeo Ciclocross Avanza Concello do Porriño, o vindeiro domingo, 9 de novembro, celebrarase o IV Trofeo Ciclocross Grupeta Pan de Zarko. Será a partir das 10.00 horas no Polígono Industrial de Cataboi.

A proba está organizada polo Club Ciclista Grupeta Pan de Zarko e contará cun amplo abano de categorías, tanto na modalidade masculina como feminina, desde cadete, infantil e junior, a sub 23, elite e master 30, 40 e 50/60 que deberán completar un circuíto de preto de tres quilómetros, cualificado pola oranización como “largo e duro”. Haberá dous actos de entrega de premios, un sobre ás 12.00 e outro ás 14.30 horas aproximadamente. As categorías élite e sub 23 recibirán un premio en metálico e as restantes trofeos.

Dende a organización, espérase a participación de entre 300 e 350 ciclistas, con todo o prazo de inscrición continúa aberto ata ás 15.00 horas do vindeiro xoves 6 de novembro, de xeito telemático a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo, www.fgalegaciclismo.es. O custo da inscrición é de 10 euros e está limitada a só federados. A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da competición, a partir das 08.30 horas.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia deste evento para o municipio, “estamos encantados de volver acoller unha proba da Copa Galicia de Ciclocross. Este evento non só pon de relevo a vitalidade do deporte na nosa localidade, senón que tamén atrae afeccionados e participantes de toda Galicia, xerando un ambiente festivo e de promoción do deporte", indicou durante o acto de presentación ao que asistiron o presidente e o secretario do Grupeta Pan de Zarko, Jose Roberto Ramírez e Pablo Márquez, respectivamente, e, por parte da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e Óscar Fernando Sánchez, presidente e vicepresidente, ademais de integrantes do club e colaboradores da proba.

O IV Trofeo Ciclocross Grupeta Pan de Zarko promete ser un gran espectáculo para os afeccionados e competidores, reforzando a importancia do Porriño como referencia do ciclocross galego, en particular e do deporte en xeral.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.