O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila

As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.

O Porriño, 12 de marzo de 2026.- O Concello do Porriño desnvolveu por cuarto ano consecutivo as Xornadas Formativas sobre Alimentación Saudable nos centros educativos do municipio, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria e 2º de ESO co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables na cativada. 

As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.

A posta en marcha destas formacións responde ao incremento de hábitos alimentarios pouco saudables entre a poboación infantil e xuvenil, asociados ao consumo de produtos ultraprocesados, bebidas azucradas e ao sedentarismo, factores que poden derivar en problemas como sobrepeso, obesidade ou dificultades de concentración no ámbito escolar. A escola constitúe un espazo clave para a adquisición de coñecementos e valores relacionados coa saúde, polo que adaptar os contidos á idade do alumnado permite traballar a nutrición dunha maneira próxima, práctica e comprensible.

As xornadas teñen como obxectivo promover unha alimentación equilibrada e variada, dar a coñecer os principais grupos de alimentos e a súa función no organismo, fomentar unha actitude crítica fronte á publicidade e ao consumo de produtos pouco saudables, sensibilizar sobre a relación entre alimentación, actividade física e benestar xeral e implicar ao alumnado na toma de decisións responsables sobre a súa propia saúde. 

Alejandro Lorenzo destacou que actividades como estas teñen un valor esencial para os centros educativos, afirmando que “a escola é un espazo privilexiado para transmitir hábitos de vida saudables, e iniciativas como esta axudan ao alumnado a comprender, de maneira sinxela e práctica, a importancia de coidar a súa alimentación. Investir en educación para a saúde é investir no benestar presente e futuro da nosa mocidade.”

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa promoción da saúde e coa creación de contornas educativas que favorezan o desenvolvemento de hábitos de vida saudables entre a mocidade.


NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 12.29.20.jpg
Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa no Porriño
A actividade contará con 50 prazas e desenvolverase en instalacións municipais os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril