Vinte pilotos na vinte edición do Dirt-Track Xacob Agra

A proba de motociclismo celebrarase o vindeiro domingo, ás 18.00 horas, no velódromo municipal

O Porriño, 5 de setembro de 2025.- Unha vintena de pilotos de España e Portugal participarán no XX Dirt-Track Xacob Agra que se celebrará o vindeiro domingo, 7 de setembro, no velódromo municipal a partir das 18.00 horas. A proba foi presentada esta tarde na Praza Arquitecto Antonio Palacios polo alcalde Alejandro Lorenzo; o concelleiro de Deportes, Abel Estévez; o presidente do Moto Club Papaya, Joaquín Agra e algúns dos pilotos participantes.

Durante a presentación, o alcalde Alejandro Lorenzo destacou a importancia deste evento para o municipio enmarcado nas Festas do Cristo 2025, “sendo un referente que cada ano reúne a veciños, afeccionados e visitantes arredor dunha paixón compartida polas dúas rodas. Desde o Concello seguiremos apoiando este tipo de iniciativas que dinamizan a vida social e deportiva da nosa vila".

Con vinte edicións ás costas, o Dirt-Track Xacob Agra consolídase como unha cita imprescindible do motociclismo galego, combinando espectáculo, tradición e compromiso coa promoción do deporte local. A organización convida a toda a cidadanía a achegarse ao velódromo para gozar dunha tarde de emoción e velocidade. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes o mesmo día. A proba conta coa colaboración do Concello do Porriño, Federación Galega de Motociclismo e Xunta de Galicia.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.