Unha vintena de comercios sacan o seu stock no XXXII Merca na rúa na zona peonil do Porriño

A tradicional feira de oportunidades celébrase o venres 12 e sábado 13 ao longo de todo o día, con descontos que parten do 50% e unha morea de actividades para tódolos públicos destacando como novidade un obradoiro creativo de moda

O Porriño, 8 de setembro de 2025.- A zona peonil do Concello do Porriño acolle como xa vén sendo habitual por estas datas a tradicional feira de oportunidades organizada por Acipor. Merca na rúa chega a súa trixésimo segunda edición con importantes descontos que parten do 50% e actividades lúdicas para tódolos públicos, destacando como novidade un taller creativo de moda.

Son un total de 21 establecementos comerciais os que instalarán cadanseu posto o venres 12 e sábado 13, en horario ininterrompido, de 10.00 a 21.00 horas, de sectores que abranguen dende o téxtil, calzado, complementos, deporte e incluso viaxes.

“A feira Merca na Rúa é moito máis que unha cita comercial; é un acto de celebración do noso comercio local, do esforzo diario dos nosos establecementos e da vitalidade das rúas do Porriño”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo. Esta iniciativa, que na súa quenda do mes de setembro, pois celébrase sempre outra en marzo, enmárcase nas Festas do Cristo, “permite que veciños e visitantes atopen oportunidades únicas ao tempo que apoiamos a economía local, contribuíndo á continuidade do tecido comercial que dá vida ao noso concello. Desde o Concello do Porriño seguiremos colaborando con Acipor para que este evento continúe medrando e consolidándose como un referente na comarca”, indican as concelleiras de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e Mercado, Antía Carrera.

De xeito paralelo, levaranse acabo actividades lúdicas para cativos e non tan cativos. Así haberá inchables o venres pola tarde e o sábado en horario de mañá e de  tarde; tamén para o público infantil desenvolveranse obradoiros os dous días, de 18.00 a 20.00 horas. Xa para o público adulto está pensado o espectáculo de humor que terá lugar o venres ás 20.00 horas e o taller creativo “Combina e apoia o local” o sábado ás 18.00 horas. Todo elo de balde.

 “Merca na Rúa naceu como unha proposta práctica para que os comercios locais poidan dar saída ao seu stock de tempada, tanto de inverno como de verán. Por iso a celebramos dúas veces ao ano, adaptándonos ao ritmo real do comercio de proximidade. Nesta 32ª edición incorporamos novas propostas creativas, como o obradoiro de moda, que reforzan a idea de que mercar no local é sinónimo de estilo, aforro e compromiso coa nosa vila”, sinala Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor).

Obradoiro creativo de moda

Para os amantes da moda, o XXXII Merca na rúa inclúe, da man da Asociación Remade Textil, un obradoiro creativo no que, segundo explican dende Acipor, “xogaremos co meu descubrimento favorito cunha prenda adquirida na propia feira, como levar e actualizar calquera look, un look para tres ocasións diferentes, como identificar cores e como combinalas e remataremos cunha mini pasarela divertida para amosar os resultados”.

O XXXII Merca na Rúa reafírmase, pois, como unha oportunidade única para apoiar ao comercio de proximidade, desfrutar dun ambiente festivo nas rúas do Porriño e atopar grandes descontos en produtos de calidade. Unha iniciativa consolidada que, edición tras edición, fortalece o vínculo entre comerciantes e veciñanza, dinamiza a economía local e converte a vila nun punto de encontro onde o comercio, a creatividade e o lecer van da man.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.