Unha marea de mocidade porriñesa chama a frenar o cambio climático

Centos de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos "Pino Manso" e "Ribeira do Louro", reclamaron ós políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas. Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial "Fridays for future" (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Alumnos e alumnas dos colexios e dos institutos porriñeses deron lectura ó manifesto que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que os nenos de hoxe padecerán como maiores no inminente futuro.

O remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente "simplemente para agradervos que coas vosas movilizacions e palabras golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas"

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos