Unha inversión de máis de 1,2 millóns, 150 participantes e 50% de inserción laboral son os resultados dos programas de emprego e formación

Os datos foron presentados esta mañá nun acto público en presenza do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración José González e o alcalde Alejandro Lorenzo que destacaron a implicación das administración á hora de fomentar a empregabilidade, formando á veciñanza naqueles sectores con maior demanda laboral

O Porriño, 3 de setembro de 2025.- Mellorar a formación e, consecuentemente, a empregabilidade da veciñanza é o obxectivo principal co cal o Concello do Porriño puxo en marcha diferentes programas que supoñen unha inversión total de máis de 1,2 millóns de euros financiados en gran parte pola Xunta de Galicia.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González acudiu esta mañá ao Porriño para asistir, precisamente, ao acto de presentación dos resultados de catro plans municipais activos este ano. “A falta do remate final de todos eles acadouse unha media de máis do 50% de inserción laboral, un dato que no caso do Programa Integrado de Emprego (PIE) é moi superior, logrando xa que o 70% dos participantes conseguisen un contrato laboral e con expectativas a que esa porcentaxe vaia en aumento de aquí a final de mes, superando o obxectivo  do 40% comprometido coa Xunta de Galicia”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, remarcando a importancia de impartir unha formación acorde coas necesidades e demandas reais do mercado laboral. “Os datos que hoxe presentamos evidencian, unha vez máis, o éxito dun modelo baseado na formación adaptada, a orientación personalizada e a implicación directa coas empresas”. Nesa liña tamén se expresou o titular de emprego da Xunta, poñendo en relevo “a implicación tanto das administracións locais como das empresas á hora de fomentar a empregabilidade en beneficio do tecido económico da nosa Comunidade”.

Ademais do cadro técnico, docente e alumnado dos diferentes programas, acudiron ao evento Zeltia Lado Lago, directora Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego; José Antonio Fachado Rodríguez, director Territorial de Emprego, Comercio e Emigración; Rosario Costas, concelleira de Emprego e Formación do Concello do Porriño e outras autoridades municipais.

De xeito paralelo ao PIE, o Concello do Porriño leva a cabo outros tres programas, o obradoiro dual de emprego “O Porriño Humaniza”, o programa de emprego e formación dirixido a mocidade “O Noso Encontro co Emprego” e o curso AFD de Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións Sociais.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) conta cun cento de participantes, unha duración dun ano e conta cunha inversión total de 275.000 euros, dos cales 220.000 son financiados pola Xunta e a cantidade restante asumida polo Concello. Lévanse a cabo itinerarios de formación a medida, sesións de orientación e tamén prácticas en empresas con compromiso de contratación. “É a destacar que dentro do grupo de persoas que conseguiron acceder ao mercado laboral, tres delas fixérono emprendendo o seu propio negocio”, subliña a concelleira.

No caso do  obradoiro dual de emprego “O Porriño Humaniza” forma a unha vintena de persoas no ámbito da albanelería as cales, unha vez aprendida a teoría, poñen en práctica eses coñecemento realizando obras e servizos de utilidade pública ou interese social. Neste caso, levaron a cabo a renovación de beirarrúas na avenida principal do polígono Industrial de A Granxa e traballos de pintura en edificios municipais, así como de marcado de prazas de aparcamento de mobilidade reducida. Estas 20 persoas ademais de recibir formación profesional, reciben tamén unha remuneración durante os nove meses de duración do programa, cuxa inversión é de 456.978 euros, dos cales 411.982 euros son aportados polo executivo autonómico.

O programa de emprego “O Noso Encontro co Emprego” dirixido a mozos menores de 30 anos, beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estase a celebrar con 16 participantes, oito na especialidade de albanelería e outros oito de carpintería. Neste plan, tamén se están a realizar actuacións que reverten directamente na mellora das infraestruturas públicas que empregamos a diario, así, mentres un grupo repara as pasarelas de madeira sobre o río Louro, o outro céntrase na urbanización e pintura na rúa Paralela 3 do Polígono da Granxa, onde se executan novas beirarrúas. A inversión neste caso achégase ao medio millón de euros, 483.653 euros, dos cales 438.603 euros son financiados pola Xunta.

Por último, realizouse o curso AFD de Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións Sociais, que acredita a capacitación profesional para traballar neste sector, un dos que máis demanda rexistra na actualidade. Das 15 persoas participantes, máis dunha terceira parte conseguiu un posto de traballo ao remate das prácticas. Para o seu desenvolvemento, a Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 46.609 euros.

Visita ao polígono de Cataboi

Antes de acudir ao acto celebrado no multicentro de Torneiros, conselleiro e alcalde, xunto con outras autoridades, realizaron unha visita a Distribuciones Rivas, empresa de distribución de produtos de limpeza e hixiene industrial, localizada no polígono de Cataboi, que contratou dúas persoas menores de 30 anos grazas a unha axuda de 26.600 euros do programa “Primeira Experiencia Profesional” da Xunta de Galicia, que busca reforzar o emprego xuvenil.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.