Torneiros acolleu esta mañá a III Xuntanza Literaria Escolar

O Concello do Porriño continúa apostando por proxectos innovadores para difundir a lingua e cultura galegas entre a nosa comunidade educativa.

A xuntanza estivo organizada polos/as coordinadores/as das bibliotecas dos centros escolares, coas que o Concello do Porriño colabora. Un evento educativo, cultural e lúdico, que utiliza a contorna natural da parroquia de Torneiros, o seu parque do Piñeiro, coñecido como parque Alba.

Tras o éxito das pasadas edicións, a celebración da III Xuntanza Literaria deu lugar a unha xornada de convivencia e fomento e animación á lectura, favorecendo a inclusión coa participación de preto de 400 persoas de doce entidades: ACEESCA, o Centro de Día de Torneiros, a Asociación AFAGA, o CPR Santo Tomás, IES Pino Manso, CEIPP Fernández López, CPR Hermanos Quiroga, CEIPP Antonio Palacios, IES Ribeira do Louro, CEIP da Cruz-Budiño, CEIPP de Atios e o CEIPP da Ribeira.

O alumnado distribuiuse por grupos nos que, ademais da lectura individual, compartiron lecturas grupais de fragmentos de obras galegas. Estas expresións literarias reforzáronse tamén, coa música (outra forma de expresión literaria) que serve para expresar determinados sentimentos e emocións dunha forma máis lúdica e divertida.

Outro ano máis, Xoán Curiel, con dous artistas máis en escena, ofreceu un concerto participativo de 50 minutos ao estilo dunha representación teatral; no que pequenos, mozos e maiores, non foron simples espectadores/as senón que participaron desta actividade lúdica e cultural mediante coros e xogos e sempre empregando a lingua galega como ferramenta de traballo.

Marta Melón, xefa de estudos do CEIP da Ribeira, coordina a organización desta actividade cós responsables das bibliotecas de cada centro. “A convivencia entre centros e xeracións é do máis bonito que vivimos neste día, ademais do fomento da lectura, que é cada vez máis necesario”, destaca.

“Este tipo de actividades lúdico-educativas acercan e normalizan a lingua galega entre a veciñanza de tódalas idades e condicións”, declara Carolina González, concelleira de Educación e Normalización Lingüística. “É precioso - engade- ver como interactúan en galego, aportándose valores, ensinanzas, anécdotas e cariño entre eles, todo nun ambiente distendido, ao aire libre, que se presta á socialización”.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, coñeceu de primeira man as impresións dos participantes e, como un máis, sumouse ás actividades. “É impresionante ver como este parque tan fermoso se enche de cultura galega nun día como hoxe, con preto de catrocentos participantes, de distintas idades”, concluíu.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos